Piñeiral visita o Hospital Universitario Lucus Augusti
No marco do proxecto MEDEA (Metodoloxía Dual Empresa-Aula) o alumnado de Coidados auxiliares de enfermaría realizou unha visita ás instalacións do HULA o pasado xoves 26 de marzo.
Nesta visita, Carmen Otero, coordinadora TCAE, explicounos a estrutura organizativa do complexo hospitalario e as función dos profesionais en coidados auxiliares de enfermaría na planta de hospitalización. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer os medios tecnolóxicos, de información e comunicación aplicados na planta de pediatría. Tamén asistiron a unha charla informativa sobre a xestión de residuos sanitarios impartida polo responsable desta área.
Aproveitando a estancia na cidade da muralla, o ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría tamén visitou o balneario Termas Romanas. A visita estivo coordinada pola doutora Dª Ascensión Sánchez Carrión, que mostrou as instalacións e describiu as terapias que ofrece o balneario.
E tamén houbo tempo para coñecer DODISA, empresa de suministros de material médico. Neste caso, foron atendidos por Dª Belén Sánchez -Directora comercial- que lles mostrou e explicou o instrumental mais utilizado na Enfermaría en xeral. Tamén informou das novidades nese sector, doando con xenerosidade material e catálogos para o centro educativo.