Traballo pola Igualdade de xénero dende o grupo Ulla Tambre Mandeo
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla Tambre Mandeo ten a loita pola Igualdade de xénero como un dos seus obxectivos transversais. Por segundo ano consecutivo a Secretaría Xeral de Igualdade conta cos GDR para combater a violencia sexista, de modo que o grupo Ulla Tambre Mandeo recibiu un presuposto de 8.500 euros que destinou a tres accións diferenciadas, en colaboración cos Centros de Información á Muller (CIM) de Arzúa, Melide, Touro E Vilasantar, e o centro EFA Piñeiral (en Arzúa). Este último organizou a proposta participativa chamada ‘Lingua Denuncia’, que consistiu na busca de frases machistas, que logo o alumnado plasmou nunha camiseta para reivindicar que deben desaparecer...