Proxecto Sabores e saberes do Camiño
Impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago e destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño a través de actividades de difusión da potencialidade gastrocultural é o obxectivo principal do proxecto.
Levaranse a cabo obradoiros de formación de cara a innovación e capacitación dos participantes xunto con sesións técnicas con profesionais de diferentes sectores.
Finalmente centrándose na gastronomía, elaborarase unha guía de produtos coas receitas e potencialidades elaboradas e traballadas nos obradoiros.
DATAS DE CELEBRACIÓN
- De maio a outubro de 2020
- Difusión da riqueza e da potencialidade gastrocultural do Camiño de Santiago
- Visitas a empresas e sesións técnicas
- De novembro de 2020 a abril de 2021
- Obradoiros dirixidos a profesionais do sector da hostalería para impulsar a innovación nos sabores e saberes do Camiño
- Elaboración da guía de produtos “Cruce de Camiños”
- Impartición de formación a profesionais coa base da Guía
- Obradoiros na Festa do Queixo Arzúa 2021
- Masterclass “Cruce de Camiños”