Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

 

O SERVIZO DE EMPREGO E AUTOEMPREGO DA EFA PIÑEIRAL PREMIADO POLO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO SOCIAL DE COBRE SAN RAFAEL

Cobre San Rafael fixo onte entrega dos premios enmarcados no seu programa Terras da Xente.


O vicepresidente das Efas de Galicia, Enrique Rodríguez, primeiro pola esquerda, xunto co resto de premiados e os alcaldes de Touro e O Pino.

O Servizo de Emprego e Autoemprego desenvolto pola Efa Piñeiral (SEAP) foi un dos sete proxectos da comarca de Arzúa onte premiados pola empresa Cobre San Rafael.

A distinción enmárcase dentro do programa de desenvolvemento social Terrras da Xente que promove Cobre San Rafael e que está destinado a incentivar a labor das  asociacións ou entidades sen ánimo de lucro con fins sociais, educativos, culturais, ambientais ou deportivos na comarca de Arzúa.

O SEAP é un dos programas organizados pola Federación Efas de Galicia na Efa Piñeiral para informar, orientar, cualificar e acompañar ás persoas do entorno rural na busca e na creación de emprego. Dende comezos de este ano a institución asignou a este programa máis persoal para impulsar todas as actuacións que son precisas para o cumprimento dos obxectivos e ampliar os beneficiarios do programa.

A metodoloxía do SEAP baséase no traballo paralelo cos candidatos e coas empresas e profesionais mediante as fases de captación, acollida, orientación, formación e seguemento.

 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4

Polo