Panel de experiencias
Aproveitando a xuntanza, e dentro da estratexia global da asociación “papel da empresaria rural no desenvolvemento do territorio”, celebrouse un “panel de experiencias”, baixo o título “Aspectos a ter en conta na empresa en épocas difíciles”, no que participaron como poñentes os membros da asociación Seniors Españoles para Cooperación Técnica (SECOT); Carmen Hermano, Joaquín Gallego e Paco García, que abordaron distintos aspectos a ter presentes en calquera empresa en
épocas dominadas pola crise económica, tal e como ocorre nestes momentos. Entre outros remarcaron como aspectos de especial atención e estudio:
-
A observación do entorno competitivo para a detención de novas oportunidades
-
A importancia do fomento da cooperación empresarial
-
Vantaxes das pequenas empresas fronte as grandes.
A Xornada resultou todo u éxito, tanto pola afluencia de asistentes, como polo interese e o contido da mesa de experiencias, tal e como quedou manifestado no largo coloquio seguido a intervención de cada un dos poñentes
Unha asociación para a promoción da empresa e da muller rural
ASER e unha asociación recente, pero moi viva e con afán progresivo de crecemento no medio rural. Centra a súa actividade e razón de ser nun dobre obxectivo: a promoción e o desenvolvemento da muller empresaria no rural, e como consecuencia, a súa contribución o desenvolvemento do territorio o que pertencen, e no que queren converterse en principais actoras de desenvolvemento e dinamismo empresarial.
Entre os seus fines fundacionais destacan entre outros como obxectivos específicos:
-
Atender as necesidades de formación e capacidade das empresarias
-
Promover a cooperación interempresarial e o intercambio de información e experiencias
-
Fomentar a participación das empresarias rurais. Facerse visibles
-
Servir de referente para outras mulleres no fomento do emprendurismo e a permanencia no rural como espacio de vida de desenvolvemento social e profesional.
Mulleres con proxecto
Desde a Federación de EFA de Galicia, vemos con satisfacción a marcha de ASER, xa que que ven a dar contido e desenvolver a estratexia que desde hai 5 anos púxose en marcha desde Federación denominada “Mulleres con proxecto”, que ten como eixos de intervención “contar mais” e “contar mellor” coa muller no medio rural. Esta asociación ve a completar xa outras creadas nesta estratexia como son ADAMA e A PONDEROSA.
|