A iniciativa Centro Comercial PIÑEIRAL, inaugurada fai tres anos, está a formar parte fundamental da aprendizaxe do alumnado, entre as tarefas desenvolvidas nel están:
- Elección dos establecementos que conforman o centro comercial.
- Deseño da planta comercial.
- Aprovisonamento dos produtos para a súa posterior venda.
- Montaxe dos escaparates.
- Simulacións de compras, vendas, devolucións, reclamacións, ...
- Cambios de tempada.
- Ofertas – rebaixas – promocions – ...
A actividade estrela deste mes tiña como obxectivo a dinamización do centro Comercial. Por en marcha técnicas para fomentar a visita a un centro comercial de diferente público. Para elo e, con motivo do antroido, organizaron un concurso de disfraces.
Cada persoa do ciclo tiña a súa responsabilidade, de feito tiveron varias reunións de traballo na que se abordaron:
- a organización e o deseño do local para este tipo de actos,
- a publicidade e difusión do evento
- os premios e a súa cuantía,
- o xurado,
- a cartelística, a iluminación , ...
Participaron no evento o redor de 100 persoas das que unha gran maioría estaban disfrazadas.
A actividade durou aproximadamente 3 horas nas que todos os participantes se divertiron e o mais importante e que conseguiron que o alumnado de comercio se sentira protagonista polo éxito que tivo este acto.
Fotografías de parte dos premiados.
|
|