Mary Liste é unha antiga alumna de EFA Piñeiral, centro no que cursou o Ciclo Superior de Xestión Comercial e Márketing e a FPII “Administración e Xestión de Empresas”. Dende hai cinco anos, vive en Londres, lugar ao que viaxou para mellorar a súa formación en idiomas.
Aproveitando algúns días de vacacións, visitou o Centro para contar a súa experiencia ao alumnado dos ciclos de Comercio e de Xestión Comercial e Márketing.
Nunha intervención amena e chea de anécdotas, contounos como foron os seus comezos en Londres, estudando Inglés e traballando ao mesmo tempo na ben coñecida Zara. Non foi doado convencer ao entrevistador de persoal para que a contratara xa que vía que podía ter dificulades para facerse entender e comunicarse. Os argumentos de Mary foron moi simples “Tentarei ler nos labios, fareime entender con xestos, como sexa, pero sobre todo eu sei traballar duro e ben e podo demostralo, e o que se precisa e alguén para traballar non para dar conversa aos clientes. Eu podo facelo” As anécdotas deses comezos soan simpáticas agora, pero describen unha época cun ritmo forte de traballo e moita orde para poder chegar a todo. Para os que coñecemos a Mary, esto non nos resultou estrano.
A etapa formativa foi completada cun novo reto: facer estudos universitarios e tamén un Máster de Publicidade e Márketing.
Contounos que “o máis doado é pensar que xa estaba cumplido o obxectivo, defendíame máis ou menos en inglés e como tiña amigos de moitas nacionalidades, tamén chapurreba outras linguas. Podía voltar xa, pero o reto de seguir mellorando a miña formación naquelo que realmente me gustaba era tentador. O peor enemigo era eu misma, cando me dicía que non o ía conseguir. Pero tamén me sublebaba e pensaba que se os outros podían, eu tamén o conseguiría. Quizáis me levaría algo máis de tempo, pero con esforzo, disciplina e orde, conseguiríao. E tamén pensei nun sistema de premios: cando remataba exames, despois dunha temporada dura, tentaba cumplir un desexo deses que tiña na miña lista de ilusións”
Hoxe traballa nunha importante empresa de Márketing e segue demostrando a diario o moito que lle importa facer ben ese traballo e seguir mellorando e aceptando novos retos.
A modo de sintese, os consellos finais para o auditorio foron:
Eu tento chegar sempre media hora antes. Nunca se sabe o que pode pasar, Londres é inmensa e non me podo permitir chegar tarde ou co tempo xusto para comezar. Esa preparación previa de media hora permíteme abrir o ordenador, consultar o correo, ver as tarefas na axenda, organizarme... e dame a serenidade que necesito para todo o que ven despois.
Nas entrevistas de traballo é moi importante coñecer o máximo posible da actividade da empresa. É moi fácil con Internet e sempre será máis doado convencer ao entrevistador se adaptas o teu curriculum ás necesidades da empresa ou ás posibles novas espectativas.
Cando quixen atopar traballo no sector das comunicacións, publicidade e márketing sempre me atopaba co tradicional “non tes experiencia” pero eso suplino conseguindo que me deran a oportunidade de facer prácticas non remuneradas. Se me quedase quieta e me conformase con que non teño práctica, a día de hoxe seguiríame a repetir o mesmo ou estaría de volta na casa.
Realmente, o que non conseguimos é porque nós mesmos nos impoñemos límites e nos convencemos de que non podemos. Esto lévanos á desilusión pero non nos leva a avanzar e a comprobar ata onde podo chegar.
Unha das cousas que máis me gusta de Londres é que ninguén te cataloga ou te pre-xuzga. Eu non tiven que loitar sobre a opinión que tiñan os demáis de min senón sobre a que tiña eu de min mesma. Non sexades os vosos enemigos.
Sabios consellos dunha persoa moi nova e que loita con ilusión polos seus sonos. E tamén sabios consellos dunha antiga alumna que valora a formación recibida na EFA, o alento que lle transmitiron os conferenciantes de entonces e que quere devolver dalgún xeito o recibido. Grazas, Mary.