Acto de Clausura de Curso no Centro EFA Piñeira
O venres, 1 de xuño, tivo lugar o Acto de Clausura do curso 2011-12 no Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral de Arzúa.
O acto foi presidido por D. César Ayude Varela, Presidente da Asociación de familias de Piñeiral e clausurado por D. José Luis García López, alcalde de Arzúa.
As primeiras intervencións foron as dos representantes do Centro:
Tras as palabras de benvida de D. César Ayude Varela, disertou Dª Yolande Segade como representante da sección xuvenil da Asociación. En ambos casos fixeron unha síntese das actividades desenvolvidas e animaron aos presentes a seguir participando activamente.
- Dª Mª Jesús Montero Pardo, en representación de Fundesar, que renovou o compromiso de dita Fundación coas institucións EFA’s na procura de recursos e medios para facilitar a formación dos que se achegan a estes centros.
- Dª Mª Teresa de Pablo Hermida, Directora do Centro, que expuso as valoracións do equipo docente sobre o curso académico a clausurar e agasallou ao alumnado cun vídeo de fotografías que recollía os momentos máis especiais do curso.
A segunda tanda de intervencións estivo composta por representantes do alumnado. A Eles correspondeulles resumir as actividades técnicas máis importante do curso, e amenizaron o seu relato con algunhas anécdotas simpáticas, reais como a vida mesma, e que poñían cor ao aprendido.
Finalmente, interviron os empresarios. Nesta ocasión, as 186 empresas que colaboraron con Piñeiral neste curso académico que finaliza, estiveron representados nas intervencións de
- D. Javier Lage Vázquez de Confecciones Lage en Arzúa
- Dª Ana Mª Rodríguez de tenda Mis Zapatos en Arzúa
- Dª Gemma López , de Residencia “Os Tercios” de Touro
- Dª Cristina Varela, odontóloga, de Arca
- Dª Susana Mato en representación de Geriatros de A Coruña
- Dª Sandra Roca, como representante do Hospital S. Rafael de A Coruña.
Finalizadas as intervencións, pasouse á entrega de diplomas aos alumnos e alumnas que remataban estudos dos ciclos de Comercio, Coidados auxiliares de enfermaría, Panadaría, repostaría e confeitaría e Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marqueting.
Noraboa a todo o alumnado.