Taller de busca de emprego no Centro EFA Piñeiral
O xoves15 de novembro, tivo lugar na EFA PIÑEIRAL de Arzúa un taller de busca de emprego, dirixido ós alumnos dos ciclos medios de Comercio e Coidados Auxiliares de Enfermaría e ó ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing, que están a rematar a formación en centros de traballo.
Obxectivos da actividade:
- Que os participantes coñezcan e fagan un uso óptimo dos diferentes recursos e ferramentas para a busca de emprego.
- Que desenvolvan recursos persoais, competencias comunicativas e de control emocional, aplicables cando se enfrenten a unha entrevista de selección.
- Que potencien actitudes positivas en relación coa busca de emprego.
O programa desenvolvido concretouse en dous talleres:
Simulacións de dinámicas de grupo, onde se puido observar a interación entre os candidatos, a hora de resolver un caso onde se apreciaban as actitudes e cualidades dos candidatos, como por exemplo interación, capacidade de traballo en equipo, capacidade de comunicación, proactividade, creatividade, expontaneidade e liderazgo.
Simulacións de varias entrevistas persoais onde se resaltaron aspectos importantes a ter en conta ante esta situación como a presencia, o saúdo, a naturalidade, a seguridade, a expresión corporal.....
O remate dos talleres fixose unha síntese, resaltando as novas formas de busca de emprego a través de webs de emprego e redes sociais relacionadas con este campo.
O taller foi impartido por Carolina Lores e Antonio García técnicos da empresa Nortempo-Santiago.
Os participantes mostraron a súa satisfación polo contido da actividade, que esperan lles axude a enfrentarse a un proceso de seleción con mais seguridade.