Obradoiro de escaparatismo en Piñeiral
O alumnado do Ciclo Medio de Comercio participou nun obradoiro para o deseño e realización de escaparates propios da época do Nadal.
Este obradoiro desenvolveuse nas dúas últimas semáns de novembro e na primeira de decembro e cumpliu os obxectivos de:
- Estudar o produto que se ía expoñer e a imaxe que se quería dar
- Analizar a forma dos escaparates e o seu mobiliario.
- Debuxar os esquemas e croquis dos futuros escaparates.
- Elaborar os presupostos.
- Elaborar os atrezos.
- Realizar os escaparates.
Distribuidos en grupos, o alumnado foi cumprindo etapas ata chegar á elaboración de tres escaparates dun xeito moi satisfactorio tanto pola destreza e inxenio que amosaron como pola vistosidade do resultado final.
Os escaparates quedaron expostos no centro educativo para que toda a comunidade educativa poidera valoralos e apreciar o traballo realizado.
Na síntese que se fixo ao rematar esta actividade, o alumnado destacou que non fai falla ter moita imaxinación senon ter unha idea e a ilusión de tentar poñela en práctica do xeito máis sinxelo e perfecto posible.