Piñeiral imparte dous obradoiros na Festa do Queixo
O alumnado do ciclo de Repostaría e confeitaría do centro EFA Piñeiral coordinado pola súa profesora Susana Estévez impartiron dous obradoiros de cociña creativa durante a Festa do Quiexo celebrada en Arzúa os días 2 e 3 de marzo.
Nos dous casos as receitas tiñan como elemento principal o queixo Arzúa-Ulloa, protagonista desta festa. Polas súas características e cremosidade e mesturado con ingredientes como chocolate, sésamo, tomate confitado... pode dar lugar a bocados sorprendentemente deliciosos.
Os obradoiros desenvolvéronse o sábado para mozos e mozas e o domingo para nenos e nenas. Nos dous casos participaron activamente e con moito interese na elaboración das receitas, disfutaron mesturando e metendo as mans nas masas, e puxeron imaxinación modelando formas. Despois de tanto traballo, o momento de degustar os resultados dou paso a unha festa de novos sabores e sorpresas agradables para o paladar. Os bombóns de queixo e mel, as boliñas de queixo e tomate confitado, a fondue de queixos, a mousse de queixo, as bolechas de queixo, e mesmo as piruletas de queixo xa nos teñen segredos para eles.