Acto de Clausura de Curso do Centro EFA Piñeiral
O venres 7 de xuño, tivo lugar o Acto de Clausura do curso 2021-13 no Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral de Arzúa.
O acto foi presidido por D. César Ayude Varela, Presidente da Asociación de familias de Piñeiral e clausurado por D. Gabriel Tirapu, Presidente da Federación de EFAs Galicia.
As primeiras intervencións foron as dos representantes do Centro. Despois das palabras de benvida do Presidente da Asociación EFA Piñeiral, D. César Ayude Varela, disertaron:
- Dª Pilar Vega, en representación de Fundesar. Renovou o compromiso de dita Fundación coas institucións EFA’s na procura de recursos e medios para facilitar a formación dos que se achegan a estes centros.
- Dª Yolande Segade como representante da sección xuvenil da Asociación. Sintetizou as actividades desenvolvidas e animou aos presentes a incorporarse a esta sección e a participar activamente nela.
- Dª Mª Teresa de Pablo Hermida, Directora do Centro, que expuso as valoracións do equipo docente sobre o curso académico a clausurar e agasallou ao alumnado cun vídeo de fotografías que recollía os momentos máis especiais do alumnado.