Iniciativa emprendedora: marketing online
No Centro de Formación Profesional Piñeiral sabemos que o marketing online é unha das accións de comunicación realmente necesaria hoxe en día. Por iso o día 11 de decembro organizamos unha conferencia con Rosa Conde Suárez á que asistiron os alumnos do ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing e varios empresarios da zona.
Rosa é unha emprendedora que decidiu montar a súa empresa (Entremetidos) de marketing online na Coruña. Esta moza ten unha ampla experiencia en comunicación, publicidade e marketing online; traballou para grandes firmas como Burguer King, Mercedes Benz, McDonald´s, Pascual ou Aquarius, entre moitas outras. Tamén foi galardoada co Premio INNOVA-Gr á mellor emprendedora do ano 2012.
Na sesión de traballo, Rosa relatou a súa experiencia como emprendedora e cómo se deciciu a montar a súa empresa. Nunha segunda parte, presentou as vantaxes que ofrece o marketing online e unha serie de ferramentas das que podemos dipoñer ó seu servicio, e sobre todo recalcou a súa importancia para o pequeno comercio local, moi presente nesta zona.