Obradoiro “traballando en equipo”
O traballo en equipo é un factor que xoga un papel decisivo na vida profesional, de tal xeito que pode significar o éxito ou o fracaso de moitas proxectos e tarefas. Por iso, os días 20 e 23 de xaneiro en Piñeiral tivemos unha sesión de traballo con Ignacio Abeal (psicólogo e socio director de Nascor) na que participou o Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing.
Nesta sesión, Ignacio explicoulle ó alumnado qué é un equipo, as fases que atravesa ou as conductas que adoptan as persoas neste eido. Este último aspecto traballárono a través do método dos seis sombreiros do pensamento, no cal os asistentes puxeron diferentes sombreiros de distintas cores dependendo do estilo de pensamento, que normalmente non se correspondía co de cada un, para aprender a saber poñerse no lugar dos demáis.
O alumnado douse conta que a mellor postura é a asertividade xa que así conséguense catro pilares básicos no noso día a día: a autoestima, a satisfacción, o desenvolvemento persoal e o respecto recíproco cos demáis. Tamén fixo fincapé na motivación das persoas e en cómo o líder debe impulsar ós membros do equipo a través do efecto Pigmalión.
Na síntese final o alumnado chegou a dúas conclusións:
O convencemento de que as estratexias que adoptamos ó traballar en equipo melloran os resultados e melloran ás persoas e ás súas relacións.
O compromiso de fomentalas no día a día da aula ata acadar o hábito que nos converte non só en profesionais de valía senón tamén en persoas de valía.