Visita de estudio a GADISA
O día 26 de maio o alumnado do ciclo medio de Comercio e do ciclo superior de Xestión comercial e marketing de Piñeiral visitamos o Complexo Comercial GADISA.
Tivemos o privilexio de que nos fixera un oco, dentro da súa apertada axenda, a Directora Xeral de RRHH da citada Empresa, Dona Clara de Lorenzo, quen nos explicou aspectos a coidar na busca activa de emprego. Tamén mencionou os pasos que segue GADISA no proceso de selección de persoal cando é preciso cubrir un determinado posto de traballo,e que son:
- Seleccionar entre os traballadores internos, por se hai algún que cumpre o perfil.
- Consultar a base de datos de alumnos/as que fixeron as prácticas ou a FCT -Formación en Centros de Traballo- en GADISA.
- No caso de non ter obtido resultados nos pasos anteriores, pasaríase a consultar os currículos recibidos a través de web, correo e outros medios.
Clara tamén fixo fincapé nos seguintes puntos importantes:
- A correcta presentación do cv
- A preparación da entrevista de traballo para que o candidato consiga causar a mellor primeira impresión posible
- A importancia do saber estar e do querer facer indicativos moi importantes da motivación do candidato/a.
Finalizada a exposición, realizamos unha visita explicada ás instalacións e almacén de GADISA.