Piñeiral visita empresas do sector comercial en Lugo
Na derradeira semana de marzo, o alumnado do Ciclo Medio de Comercio e do Ciclo Superior de Xestión comercial e marketing do Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral dedicou a xornada do xoves a coñecer de primeirísima man distintos aspectos da produción, xestión e comercialización nas sedes de “Torre de Núñez”, do Centro Comercial “As Termas” e de Hipermercados “Carrefour”.
En Torre de Núñez, empresa cunha traxectoria de mais de 50 anos e con un novo enfoque dende o 2010, percorrinos as instalacións e explicáronnos os procesos de elaboración e da distribución nacional e internacional. A exposición centrouse na importancia de lograr unha “marca propia” baseándose na constancia e na busca da calidade.
A xerencia do Centro Comercial As Termas explicounos o seu Bussines Plan: tendo como obxectivo “mellorar a experiencia de compra dos seus clientes” fan distintos estudos de mercado da clientela, da competencia, da área de influencia... que serven de base para deseñar e poñer en marcha campañas como as que mostraron ao alumnado.
En Hipermercados Carrefour, José Luis Celix, Director de Operacións do punto de venda, explicounos a distribución da sala de vendas e distintas técnicas de merchandaising que utilizan na mesma para favorecer a compra tanto racional como impulsiva, así como distintas peculiaridades de este hipermercado en concreto.
En resumo, un intenso día de formación que o alumnado valorou moi positivamente xa que reforzou e ampliou moitos contidos traballados na aula e víronos aplicados no sector profesional para o que se están preparando.