Piñeiral en Intersicop - Madrid
O alumnado do ciclo medio de Panadaría, Repostaría e Confeitaría ven de participar en INTERSICOP, Salón Internacional da Panadería, Confeitaría e industrias afíns, que se celebra cada dous anos en Madrid.
Trátase dun dos eventos deste sector alimentario con mais importancia internacional, tanto pola calidade dos profesionais que participan como pola cantidade de visitantes.
Poidemos participar en demostracións dirixidas por os mellores profesionais, intercambiar experiencias con eles, e tamén ver traballar aos concursantes nos campionatos nacionais de xóvenes panadeiros, pasteleiros e pizzeiros.
Ver a ilusión e calidade con que traballan os profesionais, buscando a complementariedade entre o produto tradicional e as novas fórmulas da restauración, é unha oportunidade para medrar en orgullo e para sentirnos moi satisfeitos por ter elixido esta profesión.
Tamén nos puxemos ao día en novas técnicas de traballo con maquinaria innovadora e tivemos a oportunidade de asistir a distintas conferencias relativas ao presente e futuro do sector, á normativas de etiquetado e envasado e, tamén, sobre un tema tan actual como é o dos alérxenos.
Nesta ocasión, Intersicop coincidiu co Salón de Gourmet e aproveitamos para ver o que se move nas empresas artesanais e con produtos delicatessen.