Piñeiral visita o Hospital Clínico Universitario de Santiago
O alumnado do ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría visitou varias áreas do Hospital Clínico Universitario de Santiago. A visita comezou cunha breve charla informativa sobre a distribución das diversas unidades de atención ao paciente, e continuou coa visita ás unidades de diálise, urxencias, coidados críticos e ao servizo de limpeza e esterilización de material.
Na unidade de Diálise, a supervisora explicou os coidados e atencións que precisan os pacientes deste servizo así como as técnicas de limpeza e esterilización do material utilizado. Tamén viron as máquinas que se usan e os correspondentes filtros.
No percorrido polas distintas unidades, informóuselles da organización do servizo correspondente e do papel e responsabilidades do técnico en coidados auxiliares de enfermería nese servizo.
Tamén houbo tempo para participar nunha sesión informativa sobre o aplicativo GACELA, ferramenta informática usada polo SERGAS para rexistrar os coidados de enfermaría que se realizan a cada paciente.