Curso de “Habilidades sociais para o traballo en equipo”
Alumnado dos ciclos da familia profesional Comercio e Marketing do centro de Formación Profesional EFA Piñeiral participou nun curso monográfico sobre “Habilidades sociais para o traballo en equipo” dentro do programa “Formación en valores cívicos: ciudadanía, convivencia, participación, responsabilidad, solidaridad y cooperación” do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad desenvolvido por UNEFA.
O curso, organizado en dúas xornadas, foi impartido por Ignacio Abeal, psicólogo e socio director de Nascor Consultores.
Nestas sesións, Ignacio explicoulle ao alumnado que é un equipo, as fases que atravesa e as condutas que adoptan as persoas nese intre. Estes contidos foron o punto de partida para traballar, de xeito práctico e en grupos, destrezas e habilidades como:
- A asertividade (Estilos de resolución de conflictos de Thomas-Kilman).
- As Competencias persoais (autocoñecemento, autocontrol e automotivación) e as competencias sociais (empatía e habilidades sociais).
- As preferencias funcionais (inclusión, control e afecto traballados a partir do cuestionario FIRO B).
Estamos seguros de que o alumnado lle sacará moito proveito a esta actividade, tanto agora, nas aulas, coma no seu futuro profesional e persoal.