O centro de Formación Profesional EFA Piñeiral inaugura o curso académico 2016/2017
Máis de 120 persoas, entre estudantes, familiares, equipo docente, administrativo e directivo asistiron ó acto.
O curso 2016/2017 ven cargado de novidades no centro arzuán de formación profesional EFA Piñeral; a nova estructuración do equipo directivo e docente ven parella ó notable incremento da oferta educativa e ,en consecuencia, do número de estudantes.
Na escola do Piñeiral impartiranse os distintos cursos dos CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO de: actividades comerciais, coidados auxiliares de enfermaría, panadería, repostaría e confeitaría, así como o CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR en xestión de ventas e espazos comerciais.
A EFA Piñeiral seguirá apostando, neste novo curso, pola metodoloxía pedagóxica e de traballo que xa ven implementando en anos anteriores e que é a responsable, segundo o equipo directivo, da práctica totalidade da inserción laboral do alumnado. Por unha banda, o método MEDEA (Metodoloxía Dual Empresa-Aula) propiciará que cada alumno acceda a un total de 7 empresas distintas en cada curso para complementar a formación recibida coa práctica, e a FCT (Formación en centros de traballo). Asemade, a EFA Piñeiral contempla sesións formativas semanais con expertos e profesionais de cada unha das materias, visitas a centros de traballo e empresas, e programas de inmersión e formación lingüísticos.
Debido á alta demanda existente, algunha das especialidades xa ten esgotadas dende fai meses as prazas ofertadas. Nembargantes aínda está aberta a matrícula para os interesados en actividades comerciais, panadería e repostaría e confeitaría.