Beatriz Sotelo, liderando o equipo da EFA piñeiral, e Melide Terra Doce presentan #QuéRico no marco do forum gastronómico.
#QuéRico é unha sorprendente sobremesa en base á fariña do tradicional Rico de Melide elaborada e presentada polos ciclos de formación profesional da Efa Piñeiral.
A estrela michelín e docente da Efa Piñeiral Beatriz Sotelo liderou a presentación das elaboracións #QuéRico como resultado da colaboración entre o centro de formación profesional Piñeiral e a asociación Melide Terra Doce.
“Con esta colaboración da Efa Piñerial con Melide Torre Doce-Concello de Melide queremos demostrar a versatilidade e riqueza que un produto tan arraigado na nosa repostaría como os melindres de Melide, e os Ricos máis concretamente, poden achegar á oferta doce ”, afirma a chef que forma parte do equipo docente do centro da Efa Piñeiral dende este curso académico.
Alberto Rodríguez, presidente da Asociación Melide Terra Doce, asegura que “con iniciativas deste tipo pretendemos conxugar a defensa du produto tan noso, tan centenario e artesanal como son os Ricos de Melide, manténdonos completamente fieles á receta tradicional, pero apostando pola variedade e innovación en presentación e elaboracións, e nada mellor que aproveitar esta sinerxia que se nos presenta coa Efa Piñeiral e Beatriz Sotelo para levalo a cabo”.
QuéRico é unha sobremesa xeada a base de crema inglesa e fariña dos tradicionais “ricos de Melide” e con crumble da mesma masa.
O centro formativo Efa Piñeiral colaborou ademáis durante os tres días de Fórum coa asociación Melide Terra Doce brindando apoio na venta técnica e degustacións con alumnado dos ciclos superiores de comercio e márketing e do ciclo de panadaría e repostaría. Segundo Bea Sotelo “Para a Efa Piñeiral, para o noso proxeto educativo e a excelencia na formación que perseguimos é vital que o alumnado participe activamente en canto foro profesional sexa posible, e grazas a colaboracións como a facilitada por Melide Terra Doce e o Concello de Melide podemos realizalas e visibilizalas”.