O Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral aposta por achegar orixinais presentacións da repostaría tradicional nesta festa do melindre.
O alumnado dos ciclos medios e superiores de comercio e marketing, panadaría, pastelaría e repostaría foron os encargados de realizar e liderar as propostas de elaboracións, presentación e promoción no punto de venda.
Un ano máis o centro de formación profesional de Arzúa Efa Piñeiral acudeu nesta fin de semana á súa cita anual coa Festa do Melindre de Melide. Un evento, no que o alumnado dos ciclos de formación profesional das áreas de comercio e marketing, e panadaría e repostaría foron os encargados de liderar toda a actividade que se realizou no stand da Efa Piñeiral durante a xornada do sábado e a mañá do domingo.
Por unha banda os estudantes de pastelaría e repostaría realizaron as elaboración e presentación das novas propostas de repostaría na que tiveron especial protagonismo os melindre, amendoados e ricos de Melide, acompañados doutras sobremesas feitas polos alumnos do ciclo.
Por outra banda, o alumnado dos ciclos superiores e medios de comercio e marketing foron os responsables de liderar toda a tarefa de montaxe e promoción no punto de venda. Nesta edición a Efa Piñeiral quixo facer especial fincapé no importante papel que a parte comercial e de marketing supón para o sector do comercio, e en concreto, da repostaría e alimentación en xeral. Así, a Efa Piñeiral presentou unha montaxe no seu propio stand cunha recreación de escaparatismo onde as elaboracións de repostaría foron as protagonistas e nas que se empregou a tendencia do “pintado a man”, técnica que conecta cos valores artesáns e persoais da Festa do Melindre e que pon o acento na singularidade, diferencia e carácter único das elaboracións protagonistas do evento. Melindres, ricos e amendoados adoptaron orixinais presentacións coas que o alumnado dos ciclos da Efa Piñeiral sorprendeu a asistentes e profesionais.
“Un traballo multidisciplinar no que vencellar a parte de elaboración coa de comercialización é, á fin, o obxetivo que perseguimos dende a Efa Piñeiral, formar ó alumnado das diferentes áreas para que non só sexan bos elaborando e producindo, senón que tamén sexan quen de poder liderar e defender a venda e a promoción, e tamén sensibilizar e instruir ós futuros expertos en comercio e marketing sobre a necesidade de coñecer o produto e os seus procesos para unha mellor e máis exitosa proposta comercial”, indica Pilar Díaz-Caso, directora do centro de formación profesional.