Maio 2011
A UNED – Centro Asociado de A Coruña, organiza todos os anos unha xornada co obxectivo de fomentar o emprendemento entre o alumnado que remata os estudios. Este curso invitou a ASER – grupo de traballo de empresarias do rural – que dinamiza a Federación EFA Galicia a través do programa MULLERES CON PROXECTO.
Participaron na xornada contando a súa experiencia Minia Varela Antas coa experiencia da queixería e da tenda de Queixos “Xebre” e Raquel Carregal coa experiencia do “Albergue Ultreia”