O equipo técnico de A FEDERACIÓN EFA GALICIA que está a desenvolver o programa MULLERES CON PROXECTO, dinamiza a sesión de traballo que a xunta directiva de ASER realiza para facer a programación de actuacións para o primeiro semestre de 2011
Os resultados acadados foron:
Cada membro da xunta directiva, difundirá os obxectivos da asociación e as actividades a desenvolver no seu territorio (comarcas de Arzúa – Terra de Melide – Ordes – Bergantiños – Soneira – Deza – Terra de Montes – Condado e Paradanta).
Organización dunha xornada de traballo para abordar o tema: “XERENCIA E DIRECCIÓN” – en Melide
Organización dunha viaxe a Euskadí co obxectivo de intercambiar experiencias e traballar con distintas asociacións de Alava e Vizcaia para a constitución dunha rede.
Organización dunha video – conferencia con emprendedoras vascas establecer o plan de traballo da viaxe técnica e intercambiar experiencias.
Participación no grupo de traballo ANATOLE (programa Interreg) sobre economía de proximidade.