Negociación con Entidades Financeiras
No marco de programa “MULLERES CON PROXECTO” que desenvolve a Federación EFA Galicia apoiada pola Secretaría Xeral da Igualdade, nace ASER (Asociación de Empresarias Rurais) que se constitue coa finalidade da “Promoción e o desenvolvemento da empresaria do rural e do seu territorio”.
Entre as actividades que está a desenvolver este grupo no segundo semestre do 2011, e co obxectivo de mellorar as competencias en relación a xestión financieira das pequenas e medianas empresas; o mércores 9 de novembro, tivo lugar unha xornada de traballo baixo o título de “NEGOCIACIÓN COAS ENTIDADES FINANCIEIRAS”
Participaron na sesión, quince empresarias de ASER e tamén alumnado de Xestión Comercial e Marketing que está a traballar o proxecto de empleo – empresa que se desenvolve dentro da súa formación.
Para dirixir a actividade contamos coa presencia de Mª Nieves López Carnota, Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, Xestora de Patrimonios de Novagalicia Banco, e con experiencia de mais de 10 anos na área de empresas no Banco de Galicia e no Banco Popular.
Entre os temas traballados, destacar:
Cando pedimos cartos a unha entidade:
- Cómo se enfoca unha negociación (condicións da competencia, preparación do que se quere contar, apoio nas relacións persoais, non ir con presa, ser flexibles, negociar en bloque e aportar a documentación que se solicita en tempo e forma).
- Nivel de endeudamento (CIR) e capacidade de xeración
- Que ten en conta o analista do risco (solvencia, saída e rentabilidade)
- Qué é o pull bancario
Cando levamos cartos a unha entidade:
- Qué temos que coñecer e preguntar sobre os productos (diferencias entre TAE e TIN, ...)
- Gama de produtos.
- Fondo de Garantía de Depósitos
Como conclusión da xornada, os participantes, destacaron a importacia da formación e información a hora de acometer un proxecto, a claridade e viabilidade doo mesmo e taamén que nunha negociación é importante que gañen todas as partes implicadas.