Comenza as súas actividades o Grupo de traballo PAP
Este Grupo ten como finalidade principal, a cooperación e promoción profesional das mulleres que se adican a estas actividades, así como a incidencia na mellora da calidade de vida dos usuarios e dos ámbitos onde están a exercer a súa profesión.
A EFA Piñeiral comeza as actividades do "Grupo de traballo PAP". No marco de programa “MULLERES CON PROXECTO” que desenvolve a Federación EFA Galicia apoiada pola Secretaría Xeral da Igualdade, nace o Grupo de Traballo de PAP “Persoas que atende a Persoas”.
Entre as actuacións a desenvolver por este grupo no último semestre de 2011, co obxectivo de profundar nas condicións de traballo destas profesionais , xoves día 24 de novembro tivo lugar unha xornada de traballo baixo o título “Convenios colectivos que afectan as profesionais que traballan na atención as persoas”.
Participaron na actividade o redor de 30 profesionais que exercen a súa actividade principalmente en residencias da terceira idade e na axuda a domicilio.
Dirixiron e coordinaron a actividade, Ana Belén Espada e Rocío Agra integrantes participantes no grupo e que prepararon os temas a traballar na xornada.
Entre as fichas traballadas polo grupo, destacar:
- Comparativa das diferentes tarefas a realizar polo persoal de atención as persoas dependendo das empresas en que se traballe e do convenio colectivo a que están acollidas estas institucións.
- Tipoloxía de contratos mais habituais no sector
- Xornada de traballo e retribucións
Como conclusión, destacar a motivación que supuxo esta xornada, preparada e coordinada por as participantes no grupo de traballo, para seguir profundando nos diferentes ámbitos de traballo que afectan as profesionais do sector. De feito, prográmase outra actividade para a mes de xaneiro para abordar a problemática de guía do maltrato a persoas con discapacidade.