Asistimos na actualidade a unha revolución tecnolóxica en todos os eidos empresariais. Robótica, Intelixencia artificial, sistemas autónomos, etc. Entre estas, os drons están a se aplicar en multitude de áreas como a vixilancia, fotografía e vídeo, control aéreo e de tráfico, etc.
DronRural busca achegar esta tecnoloxía ao Medio Rural como polo de atracción de xóvenes e como útil ferramenta profesional. A irrupción de novas tecnoloxías no agro facilitará a incorporación profesional dos xóvenes ao medio rural ao cambiar a percepción negativa sobre o mesmo en canto a traballo e adicación. Así a actual evolución tecnolóxica levaranos dunha imaxe de agricultor traballando no campo de sol a sol, por unha imaxe futura de agricultor como técnico controlador e organizador de múltiples robots que realizan o traballo físico.
As actividades que se realizan van dirixidas a capacitar no seu manexo e demostrar as posibilidades dos drons no rural, tanto en tarefas “produtivas” como en tarefas de difusión ou publicidade a través da fotografía e vídeo aéreo. Para este fin realizamos diversos talleres anualmente, entre os que destacamos:
- Talleres de manexo dun dron.
- Talleres de vídeo e fotografía aérea publicitaria
- .Talleres de análise de cultivos con drons