Investigación e experimentación nos diversos sistemas de cultivo hidropónico e xardíns verticais.
Este proxecto vai orientado na creación dunha “granxa” demostrativa física e online para dinamizar, capacitar e incentivar a xuventude na actividade hortícola como actividade profesional de futuro, apoiada polas novas tecnoloxías, a sensorización, o big data...
O proxecto centrase no deseño, construción e experimentación con diversos “mini” sistemas de cultivos hidropónico e iluminación led, como medio para capacitar aos destinatarios no manexo dos mesmos, e no análise de rendibilidade dos mesmos. Así mesmo traballase tamén na incorporación das Novas Tecnoloxías nesta área, tanto a nivel de demostración como de creación de novos sistemas de control dos sistemas deseñados.