Proxecto Opile
Os Centros EFA de Galicia PIÑEIRAL, FONTEBOA e A CANCELA, están a desenvolver o programa OPILE (Orientación Profesional, Inserción Laboral – Empleo).
Este proxecto, resultou aprobado na convocatoria de axudas que fixo o Ministerio de Educación para proxectos innovación na formación profesional do sistema educativo, na modalidade de “Calidade e Excelencia na Formación Profesional do Sistema Educativo” e na línea temática “Mellora de Inserción Laboral do Alumnado da Formación Profesional”
Tamén se está a desenvolver este programa nas comunidades autónomas de Aragón, Madrid, Castilla La Mancha, Extremadura e Andalucía. Son en total 14 centros os que participan na rede OPILE.
Os obxectivos xerais do proxecto son:
- Implantar un modelo – Programa OPILE – que reforce o traballo que fan os centros de formación profesional e que facilite o alumnado a orientación profesional e a inserción laboral ou empleo que precisan.
- Crear unha rede de centros de FP que apliquen este modelo.
- Promover a difusión do modelo operativo OPILE, como contribución a práctica do outoemprego
No progrrama OPILE o alumnado alterna as actividades en dous espacios:
- O centro educativo no que adquirirá unhas nocións básicas sobre as realidades que iniciden na creación de empresas e empregos, familiarizarase coas dinámicas e os marcos operativos que as optimizan e adiestrarase no uso de técnicas de comunicación e traballo compartido.
- No seu marco local de vida constatará os valores da ruralidade percibidos no seu territorio e fará unha exploración e descuberta dos recursos – necesidades e potencialidades do seu medio.
O programa estase a desenvolver dende o inicio do curso 2011 – 2012 ainda que as actividades co alumnado da FASE I que ten como obxectivo “Favorecer o arraigo dos participantes o territorio” comezaron en decembro.
Na EFA PIÑEIRAL, que é o centro coordinador do proxecto, estase a desenvolver co alumnado dos ciclos de Xestión Comercial e Márketig e de Panadaría, Repostaría e Confeitaría.
Na EFA FONTEBOA, o alumnado participante corresponde os ciclos de Produccións Agropecuarias e o de Organización e Xestión de Empresas Agropecuarias.
Na EFA A CANCELA, participa no proxecto o ciclo de Administración e Finanzas.