Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

PemeTur

 

 

 

 

Programa de Cooperación entre PEME da Costa da Morte para promover o turismo rural e a acollida.

 

Obxectivos do Programa

  • Dotar ás PEME locais interesadas dunha canle eficaz para a súa renovación e progreso empresarial
  • Potenciar o sector do turismo rural e a acollida, e facer del un elemento motor do desenvolvemento local (con capacidade de xerar sinerxias en favor dos restantes sectores)
  • Acrecentar a competitividade e as expectativas de futuro dos territorios onde se localizan as PEME

 

Ámbitos de acción estratéxica

Creación e activación de redes de PEME

 

  • Creación de redes de PEME, concibidas como marco para a cooperación inter-empresarial cos obxectivos previstos
  • Apoio ao traballo das redes, para favorecer a urxencia de nexos de cooperación / partenariado entre as PEME, en torno á formulación / adopción de iniciativas conxuntas
  • - Apoio adicional ás redes, para xerar no seu seo dinámicas de proxectos arbitradas para facilitar ás PEME a adopción / formulación de iniciativas ao seu cargo

 

Creación dun "Polo de competencias" do turismo rural e a acollida, que capitalice as iniciativas de recoñecido interese xeradas polas PEME, e que as dispoña para a súa transferencia ás redes a fin de impulsar / enriquecer o seu traballo

 

Modalidades / opcións de cooperación entre as PEME

  • Acordar varias PEME desenvolver xuntas determinados servizos / produtos que necesitan, asociando a tal fin as competencias e recursos de todas
  • Convir entre varias PEME a atención de clientelas ou mercados dunha certa entidade
  • Completar a súa oferta comercial cada PEME, incluíndo nela produtos / servizos doutras PEME
  • Optimizar as súas compras as PEME agrupando os seus pedidos; compartir equipos de aprovisionamento ou transporte para abaratar custos
  • Aplicar varias PEME unidas unha solución tecnolóxica ou de producción a un problema ou a unha necesidade ou interese común
  • Abordar entre varias PEME a contratación dun técnico que necesitan, ao que cada PEME por separado non pode facer fronte (creación dunha agrupación de empregadores)

Condicións que cualifican ás redes de PEME

 

Composición: compoñen as redes de 8 a 12 ó 15 PEME con competencias / intereses de traballo afíns ou complementarios

 

Cometidos: con relación ás PEME ás que integra, a rede exerce á vez cometidos de espazo:

  • de aproximación, de coñecemento e intercambio recíproco
  • de acceso a beneficios de motivación, estímulo, confianza, ..
  • de cooperación, para xerar iniciativas de renovación ou mellora empresarial
  • de apoio formativo, no marco da economía do coñecemento (onde a formación refórzase coa experimentación e a innovación)

Funcionamento: o funcionamento das redes é o que corresponde aos grupos de traballo, caracterizados por:

  • un réxime regular e fixo, ou non improvisado, de reunións
  • o seguimento dun programa e plan de traballo acordados
  • a adopción dun marco de pautas, organizativas e outras, no seo do grupo, que favoreza a participación dos seus membros e lles incentive a asumir responsabilidades ou/e cometidos en beneficio do grupo
 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text