Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

Erasmus+ Acción clave 2 - Asociación estratégica 2017-1-FR01-KA202-037287 ANICARE.

Educate animal welfare as a farmer opportunity

(Educar no benestar animal como unha oportunidade para o agricultor)


Como permitir que o gandeiro ou futuro gandeiro convertan o benestar do animal nun activo para as súas actividades? Como garantir que o benestar do animal tamén permita o benestar do produtor? Este é o desafío de ANICARE.

No proxecto participan organizacións de 5 países (Finlandia, Francia, Portugal e España) para crear instrumentos pedagóxicos e metodoloxías de formación destinados a integrar o benestar animal na agricultura, a comercialización e a conciencia do consumidor.

O proxecto ten como obxectivo aumentar o interese e a consideración polo benestar dos animais promovendo enfoques pedagóxicos e prácticas de éxito que se están desenvolvendo nos países socios. As actividades transnacionais comprenden reunións e seminarios de coprodución e intercambio entre socios. Os resultados publícanse na web https:// erasmus- anicare.eu/ na que se presenta o proxecto ANICARE e as diferentes producións do mesmo.

O público obxectivo
Asesores agrícolas e/ou profesores de centros de formación profesional agraria e en xeral todos os axentes que participan na formación dos agricultores ou dos estudantes de agricultura.

Os resultados:

1. Unha caixa de ferramentas pedagóxicas para ensinar o benestar animal
Esta caixa de ferramentas integra a pedagoxía e métodos que poden promover o pensamento crítico dos agricultores acerca dos animais. Está formada por diferentes tipos de vídeos:

  • Vídeos con diferentes prácticas que poden ser implementadas por diferentes os agricultores nas mesmas actividades profesionais no que respecta ao benestar dos animais. A práctica será comentada polos propios agricultores a través da confrontación coa actividade filmada.
  • Vídeos de comportamento dos animais en diferentes situacións en interacción ou non cos agricultores. vídeos que mostran os comentarios xerados por expertos a través da confrontación ás prácticas dos vídeos dos agricultores.
  • A plataforma ANIPHI: é unha ferramenta de apoio á formación para fomentar o pensamento crítico dos participantes, comprende unha serie de elementos para traballar diferentes temáticas sobre benestar animal e desenvolvelas a través de diferentes roldas. Esta plataforma integra todo o material audiovisual coas diferentes prácticas para poder ser utilizados polos destinatarios.

2. Publicacións de investigación: mostran os principais resultados do proxecto.

 

NOVAS RELACIONADAS

 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text

Video Gallery Lite

Unha institución ao carón do medio rural!

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Cristina Pousada

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Iván Trillo

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Manuel Fernández

Educación Secundaria Obrigatoria

Apostando polo éxito Escolar

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Manuel Cives

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Avelino Souto

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Javier Cumplido

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Nerea Arneiros