Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

 

 

DIGIAGRI - Didactic-Digital Tools for the Practical Contents Training

(Ferramentas Dixitais Didácticas para a Ensinanza de Contidos Prácticos)

 

FIRST MEETING

 

Os días 14 e 15 de xuño celebrouse o primeiro encontro transnacional do proxecto DIGIAGRI (Didactic-Digital Tools for the Practical Contents Training) no Centro Biotecnolóxico de Naklo, Eslovenia. EFA Galicia participou co resto de integrantes dos tres centros involucrados, o anteriormente mencionado Centro Biotecnolóxico de Naklo e o Insituto de Agricultura e Turismo de Poreč (Croacia) acompañados de MITEAM, a plataforma que da o soporte dixital ao proxecto.

En dous días, concretáronse as liñas de traballo para proseguir na elaboración de contido de calidade e axeitado ao obxectivo inicial, incluindo:

  • O debate sobre a elección da especie cultivable máis adecuada en cada caso. Cada equipo participante deberá escoller un cultivo que se dea no seu territorio e que precise dunha formación práctica concreta.

  • A adecuación da plataforma de traballo ás necesidades do proxecto e a análise das limitacións e vantaxes que a mesma ofrece.

  • O concerto da realización de determinadas entrevistas a mentores e profesorado expertos nos campos de traballo por parte de cada socio, que poidan sacar a luz as necesidades e emerxencias detectadas no actual sistema de ensinanza en liña no relativo á práctica.

  • A elaboración dos primeiros materiais prácticos e a posta en común para a súa avaliación e optimización conxunta.

O seguemento do traballo é fundamental nos proxectos desta naturaleza, polo que, ademáis, quedaron fixadas as datas límites de realización de ditas taredas así como da próxima reunión que se realizará, como se viña facendo ata o de agora, de forma non presencial.

 

 

 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4

Polo