Descripción do Proxecto:
Na actualidade atopámonos nunha situación na que o medio rural estase despoboando e abandonando en favor das cidades, e por outra banda a poboación da cidade busca, cada vez máis, o contacto coa natureza. Nesta dicotomía xorde unha oportunidade de emprego e emprendemento importante vinculada ao turismo, principalmente ao turismo activo. Por outra banda, este é un sector relativamente xove, polo que a nivel profesional é unha actividade que atrae o interese da mocidade.
Unindo todo o anterior, o proxecto ERA buscou atraer a xuventude cara o medio rural, e que a través do emprendemento, promovan e dinamicen o medio rural con actividades vinculadas a natureza, benestar, saúde e deporte...
O proxecto levou a cabo a “ruta do emprendemento”, na que a xuventude descubríu as oportunidades de desenvolvemento profesional no eido rural vinculadas principalmente ao turismo activo. Descubriron os recursos existentes e infravalorados no territorio, estudaron as distintas iniciativas empresariais relacionadas existentes e propuxeronse “ideas empresariais” susceptibles de ser implementadas no territorio.
O desenvolvemento desta “ruta do emprendemento” pasou por desenvolver tres fases principais de traballo:
Fase I: Formación/animación ao emprendemento.
A primeira fase pasou por formar a xuventude nas nocións básicas do emprendemento, de tal xeito que se realizaron os seguintes talleres:
• Taller de iniciación ao emprendemento – Metodoloxía Ikigai:
• Taller “Definindo o teu proxecto empresarial – Metodoloxía Canva”.
Fase II: Coñecemento do sector, do medio e documentación videográfica.
A segunda fase consistiu en coñecer as distintas iniciativas empresarias de éxito en funcionamento na actualidade e relacionadas coa temática (turismo activo, deporte, turismo de natureza, etc.).
Fase III: Desenvolvemento inicial dun Proxecto empresarial.
A última fase do proxecto foi o desenvolvemento incial dunha iniciativa de emprendemento sobre a que seguir traballando no futuro. Así, como resultados finais desta fase foron:
1. Definición/descrición inicial da proposta emprendedora.
2. Deseño da actividade/actividades ofertadas empregando toda a documentación recollida na fase anterior.
3. Realización do modelo Canva da iniciativa proposta.
Obxectivos:
O principal obxetivo foi fomentar o emprendemento da mocidade no medio rural a través de iniciativas empresariais vinculadas ao deporte, saúde e turismo activo.
Como obxetivos máis específicos destacamos:
- Fomentar o espírito emprendedor na mocidade galega vinculada ao medio rural.
- Incrementar os coñecementos en emprendemento da xuventude en xeral.
- Facilitar o contacto da mocidade coas iniciativas empresariais máis representativas do sector.
- Promover o medio rural a través de iniciativas empresariais do sector terciario.
- Loitar contra o despoboamento do rural.
- Mellorar a visión do Medio Rural na xuventude.
Resultados "visibles" do proxecto
![]() |
![]() |
![]() |