Programa de Cooperación entre PEME da Costa da Morte para promover o turismo rural e a acollida.
Obxectivos do Programa
- Dotar ás PEME locais interesadas dunha canle eficaz para a súa renovación e progreso empresarial
- Potenciar o sector do turismo rural e a acollida, e facer del un elemento motor do desenvolvemento local (con capacidade de xerar sinerxias en favor dos restantes sectores)
- Acrecentar a competitividade e as expectativas de futuro dos territorios onde se localizan as PEME
Ámbitos de acción estratéxica
Creación e activación de redes de PEME
- Creación de redes de PEME, concibidas como marco para a cooperación inter-empresarial cos obxectivos previstos
- Apoio ao traballo das redes, para favorecer a urxencia de nexos de cooperación / partenariado entre as PEME, en torno á formulación / adopción de iniciativas conxuntas
- - Apoio adicional ás redes, para xerar no seu seo dinámicas de proxectos arbitradas para facilitar ás PEME a adopción / formulación de iniciativas ao seu cargo
Creación dun "Polo de competencias" do turismo rural e a acollida, que capitalice as iniciativas de recoñecido interese xeradas polas PEME, e que as dispoña para a súa transferencia ás redes a fin de impulsar / enriquecer o seu traballo
Modalidades / opcións de cooperación entre as PEME
-
Acordar varias PEME desenvolver xuntas determinados servizos / produtos que necesitan, asociando a tal fin as competencias e recursos de todas
-
Convir entre varias PEME a atención de clientelas ou mercados dunha certa entidade
-
Completar a súa oferta comercial cada PEME, incluíndo nela produtos / servizos doutras PEME
-
Optimizar as súas compras as PEME agrupando os seus pedidos; compartir equipos de aprovisionamento ou transporte para abaratar custos
-
Aplicar varias PEME unidas unha solución tecnolóxica ou de producción a un problema ou a unha necesidade ou interese común
-
Abordar entre varias PEME a contratación dun técnico que necesitan, ao que cada PEME por separado non pode facer fronte (creación dunha agrupación de empregadores)
Condicións que cualifican ás redes de PEME
Composición: compoñen as redes de 8 a 12 ó 15 PEME con competencias / intereses de traballo afíns ou complementarios
Cometidos: con relación ás PEME ás que integra, a rede exerce á vez cometidos de espazo:
- de aproximación, de coñecemento e intercambio recíproco
- de acceso a beneficios de motivación, estímulo, confianza, ..
- de cooperación, para xerar iniciativas de renovación ou mellora empresarial
- de apoio formativo, no marco da economía do coñecemento (onde a formación refórzase coa experimentación e a innovación)
Funcionamento: o funcionamento das redes é o que corresponde aos grupos de traballo, caracterizados por:
- un réxime regular e fixo, ou non improvisado, de reunións
- o seguimento dun programa e plan de traballo acordados
- a adopción dun marco de pautas, organizativas e outras, no seo do grupo, que favoreza a participación dos seus membros e lles incentive a asumir responsabilidades ou/e cometidos en beneficio do grupo