Erasmus+ Acción clave 2 - Asociación estratégica 2017-1-FR01-KA202-037287 ANICARE.
Educate animal welfare as a farmer opportunity
(Educar no benestar animal como unha oportunidade para o agricultor)
Como permitir que o gandeiro ou futuro gandeiro convertan o benestar do animal nun activo para as súas actividades? Como garantir que o benestar do animal tamén permita o benestar do produtor? Este é o desafío de ANICARE.
No proxecto participan organizacións de 5 países (Finlandia, Francia, Portugal e España) para crear instrumentos pedagóxicos e metodoloxías de formación destinados a integrar o benestar animal na agricultura, a comercialización e a conciencia do consumidor.
O proxecto ten como obxectivo aumentar o interese e a consideración polo benestar dos animais promovendo enfoques pedagóxicos e prácticas de éxito que se están desenvolvendo nos países socios. As actividades transnacionais comprenden reunións e seminarios de coprodución e intercambio entre socios. Os resultados publícanse na web https:// erasmus- anicare.eu/ na que se presenta o proxecto ANICARE e as diferentes producións do mesmo.
O público obxectivo
Asesores agrícolas e/ou profesores de centros de formación profesional agraria e en xeral todos os axentes que participan na formación dos agricultores ou dos estudantes de agricultura.
Os resultados:
1. Unha caixa de ferramentas pedagóxicas para ensinar o benestar animal
Esta caixa de ferramentas integra a pedagoxía e métodos que poden promover o pensamento crítico dos agricultores acerca dos animais. Está formada por diferentes tipos de vídeos:
- Vídeos con diferentes prácticas que poden ser implementadas por diferentes os agricultores nas mesmas actividades profesionais no que respecta ao benestar dos animais. A práctica será comentada polos propios agricultores a través da confrontación coa actividade filmada.
- Vídeos de comportamento dos animais en diferentes situacións en interacción ou non cos agricultores. vídeos que mostran os comentarios xerados por expertos a través da confrontación ás prácticas dos vídeos dos agricultores.
- A plataforma ANIPHI: é unha ferramenta de apoio á formación para fomentar o pensamento crítico dos participantes, comprende unha serie de elementos para traballar diferentes temáticas sobre benestar animal e desenvolvelas a través de diferentes roldas. Esta plataforma integra todo o material audiovisual coas diferentes prácticas para poder ser utilizados polos destinatarios.
2. Publicacións de investigación: mostran os principais resultados do proxecto.
NOVAS RELACIONADAS
- Encontro transnacional Anicare en Lisboa Lisboa (13 - 15 de marzo de 2018)
- Lanzamento do proxecto ANICARE en Florac – Francia (24-26 outubro 2018)
- Ponte de Lima acolle o quinto encontro do proxecto ANICARE (8-12 outubro 2019)
- Terceiro encontro dos socios do proxecto ANICARE en Finlandia Helsinki (2-4 de outubro de 2018)