Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

 

DIGIAGRI - Didactic-Digital Tools for the Practical Contents Training

(Ferramentas Dixitais Didácticas para a Ensinanza de Contidos Prácticos)

 

 

O reto que a comunidade educativa houbo de superar a tódolos niveis durante o ano 2020 estendeuse a nivel mundial, implicando unha serie de adaptacións que aínda actualmente seguimos abordando. Para dar resposta aos desafíos que o futuro poida presentar, a ensinanza virtual é unha ferramenta moi útil que precisa ser desenvolvida para extraer dela o maior rendemento e poder equipararse á escola práctica.

Este proxecto ten como obxectivo principal o desenvolvemento, implementación e avaliación dunha plataforma web de libre acceso coa que profesores e alumnos potencien as súas capacidades dixitais e experimenten novos métodos de ensinanza e aprendizaxe en liña.

Os obxectivos principais son:

  • A mellora de coñecementos, habilidades e competencias pedagóxicas e dixitais do profesorado,

  • A capacitación das persoas encargadas da formación para a implementación pedagóxica en situacións de aprendizaxe práctica a distancia,

  • A promoción dunha educación accesible en calquera lugar e momento, e nun formato igual de efectivo e comparable á educación clásica.

Isto permite aumentar a flexibilidade da ensinanza práctica a distancia para, se fora necesario, incluíla nun modelo de ensinanza híbrido ou incluso nunha situación de ausencia da persoa encargada da formación.

Os grupos de interese do proxecto son, principalmente, o profesorado encargado da formación práctica, que serán quen posteriormente trasladen a mesma de forma axeitada aos estudantes de clases prácticas.

No proxecto están involucrados centros de tres distintas nacionalidades que son, ademáis da Federación EFA Galicia,:

  • O Instituto de Agricultura y Turismo de Poreč, en Croacia

  • O Centro Biotecnolóxico de Naklo, en Eslovenia

  • A plataforma comunicativa MITEAM

 

 

NOVAS RELACIONADAS

 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4

Polo