Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

 

AVAL XÓVENES

Garantía Xuvenil “Aval jóvenes” (O traballo da xuventude, aval para o futuro dos territorios rurais)

Este proxecto, liderado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, forma parte dun número moi reducido (15) dos aprobados pola Comisión no conxunto da Unión Europea dentro da Convocatoria VP/2012/012, orientada a apoiar actuacións conxuntas de actores relevantes de cara á mellora das posibilidades de inserción laboral da mocidade. Enlaza polo tanto, coa prioridade da UE de loita contra o desemprego xuvenil.

O proxecto está enmarcado no eixo C: enfoques innovadores para os mozos/as que se atopan con múltiples barreiras de cara a súa inserción laboral.

Prazo de Execución: do 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014

Destinatarios: Mozos e mozas de 15 a 30 anos que rematan a súa cualificación profesional ou están en situación de paro e que se atopan na procura de emprego. Serán 50 participantes divididos en 2 grupos de traballo de 25 participantes cada un.

Zona de Actuación: Establécense 2 zonas de actuación, con un grupo de 25 participantes en cada unha delas, na zona da Costa da Morte con base en Coristanco e na zona interior da provincia de A Coruña, con base en Melide.

Partenariado:

  • Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
  • Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia Dirección Xeral de Promoción do Emprego
  • Diputación Provincial de A Coruña
  • Federación EFA de Galicia
  • Asociación ADTERRA
  • AFIPRODEL
  • ASER
  • SECOT
  • AXOBER

Obxetivo Xeral:

  • Facilitar aos mozos/as participantes a súa orientación profesional e inserción laboral, axudándolles a elaborar e materializar un proxecto de emprego / empresa nos territorios de actuación

Obxetivos Específicos:

  • Axudarlles a coñecer e valorizar máis e mellor o seu territorio
  • Favorecer a promoción dos territorios rurais, poñendo en valor as oportunidades que hoxe amosan para a creación de novos empregos e empresas
 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4

Polo