|
EFA FONTEBOA. Cultivo e entrega de productos hortícolas para familias en risco de exclusión social da comarca de Bergantiños.
A Área de Experimentación vexetal do Centro de Formación Rural-EFA Fonteboa dispón de 3 invernadoiros que suman unha superficie cuberta de 1.000 m2 con finalidade didáctica. A declaración do estado de alarma paralizou a actividade formativa presencial, pero se continuaron atendendo os cultivos implantados para destinar a súa produción a Cáritas interparroquial de Bergantiños, para o seu reparto entre familias en risco de exclusión social. Dende primeiros de abril semanalmente se entregan produtos hortícolas na sede de Cáritas. Mensualmente hai un día de maior distribución polo que Fonteboa solicitou a colaboración da Asociación de Profesionais da Horta do Noroeste que se uniron a esta iniciativa con partidas de produtos hortícolas.
|
|
Accións formativas para a dixitalización do medio ruralA Federación EFA Galicia, a través das axudas da Dirección Xeral de Inclusión e co acordo desta para seguir adiante coas accións de formación previstas, puxo en funcionamento diferentes cursos para persoas con baixa cualificación do eido rural. As accións formativas, cun titor e seguimento personalizado e case individual, permite a dixitalización do rural neste tempo de alarma sanitaria, dende os fogares de máis de 50 alumnos.
|
|
Préstamo de ordenadores:
A Federación EFA Galicia xestionou o préstamo de 14 ordenadores para o alumnado de EFA FONTEBOA, EFA PIÑEIRAL e EFA A CANCELA, contribuíndo o axeitado seguimento da formación dende as súas casas durante este período de confinamento.
|
|
EFA Piñeiral. Entrega de EPIs e desinfectantes en Residencias da terceira idade e centros asistenciais da contorna de ArzúaCando o día 12 de marzo decantámonos na EFA Piñeiral que a partir do luns 16 de marzo non volveríamos de modo presencial as aulas e nas noticias se facían eco da difícil situación sanitaria e a falta de material, pensamos que tiñamos que facer algo. Como impartimos Formación Profesional da familia sanitaria, decidimos entregar todo o material sanitario e hixiénico as residencias e os centros asistenciais da contorna de Arzúa. “Desvalixamos” o obradoiro do ciclo formativo de Coidados Auxiliares de Enfermaría e o día 14 de marzo entregamos a residencias e centros asistenciais: 200 mascarillas FPPS, guantes e desinfectantes. Non era moito material pero era todo o que tiñamos. |