Proxecto Opile

Os Centros EFA de Galicia  PIÑEIRAL, FONTEBOA  e  A CANCELA, están a desenvolver o programa OPILE (Orientación Profesional, Inserción Laboral –  Empleo).

Este proxecto, resultou aprobado na convocatoria de axudas  que fixo o Ministerio de Educación para proxectos innovación na formación profesional do sistema educativo, na modalidade de “Calidade e Excelencia na Formación Profesional do Sistema Educativo” e na línea temática “Mellora de Inserción Laboral do Alumnado da Formación Profesional”

Tamén se está a desenvolver este programa nas comunidades autónomas de Aragón, Madrid, Castilla La Mancha, Extremadura e Andalucía. Son en total 14 centros os que participan na rede OPILE.

Os obxectivos xerais do proxecto son:

  • Implantar un modelo – Programa OPILE –  que reforce o traballo que fan os centros de formación profesional e que facilite o alumnado a orientación profesional e a inserción laboral ou empleo que precisan.
  • Crear unha rede de centros de FP que apliquen este modelo.
  • Promover a difusión do modelo operativo OPILE, como contribución a práctica do outoemprego


No progrrama OPILE o alumnado alterna as  actividades en dous espacios:

  • O centro educativo no que adquirirá unhas nocións básicas sobre as realidades que iniciden na creación de empresas e empregos, familiarizarase coas dinámicas e os marcos operativos que as optimizan e adiestrarase no uso de técnicas de comunicación e traballo compartido.
  • No  seu marco local  de vida constatará os valores da ruralidade percibidos no seu territorio e  fará unha exploración e descuberta dos recursos – necesidades e potencialidades do seu medio.  


O programa estase a desenvolver dende o inicio do curso 2011 – 2012 ainda que as actividades co alumnado da FASE I que ten como obxectivo “Favorecer o arraigo dos participantes o territorio” comezaron en decembro.

Na EFA PIÑEIRAL, que é o centro coordinador do proxecto, estase a desenvolver co alumnado dos ciclos de Xestión Comercial e Márketig e de Panadaría, Repostaría e Confeitaría.

Na EFA FONTEBOA, o alumnado participante corresponde os ciclos de Produccións Agropecuarias e o de Organización e Xestión de Empresas Agropecuarias.

Na EFA A CANCELA, participa no proxecto o ciclo de Administración e Finanzas.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn