Atender as necesidades de formación e capacitación das súas socias,
Promover a cooperación Inter-empresarial e o intercambio de información e experiencias, fomentando a participación das empresarias rurais, facéndose asi máis visibles e poder servir de referente a outras mulleres
Para o cumprimento destas finalidades, ASER pon en marcha unha serie de actuacións con metodoloxías diferentes, para fomentar o dinamismo e o interese das mesmas:
Un dos grupos de traballo que está a funcionar sobre a xestión das empresas, elaborou unhas conclusións en relación ás problemáticas coas que se encontran as súas empresas relativas á xerencia e á dirección.
Para dar resposta a moitas destas inquedanzas, o xoves, 7 de abril, celebrouse unha actividade, na que se abordaron estas problemáticas e estudiaronse diversas opcions de cara a mellora desta función, xerencia e dirección, tan esenciais e o mesmo tempo tan pouco considerada nas pequenas empresas do entorno rural, posiblemente por falta de tempo, de medios e de formación.
Para o desenvolvemento desta xornada, contamos coa presencia de Manuel Diaz Aledo, economista, enxeñeiro industrial e asesor de moitas empresas, que partindo de experiencias reais da súa vida profesional, analizou as conclusións as que chegou o grupo de traballo e dou unha serie de pautas sobre todo para a planificación e organización do tempo das persoas que dirixen as pequenas empresas.
O evento tivo lugar en Melide, na sede de ASETEM (Asociación de Empresarios de Melide) que tuvo a ben ceder as súas instalacions para este acto, que ainda que dirixido as empresarias rurais, sera aberto a participación de toda persoa interesada.
Participaron na actividade o redor de 40 persoas a maioría delas mulleres empresarias do entorno rural.
Contamos tamén coa presencia durante todo o acto da Alcaldesa de Melide.