Xornadas de Produtos de Proximidade” SonDaqui"
O Concello de A Coruña organiza en colaboración coa Federación EFA Galicia e ADTERRA o sábado 12 de outubro unhas “xornadas de produtos de proximidade” SONDAQUI
As xornadas teñen un dobre obxectivo:
- Dar a coñecer as producións do entorno.
- Presentar diferentes experiencias relacionadas coa economía de proximidade como elemento para o desenvolvemento dos territorios.
A cidade de A Coruña, servirá de escaparate para que os produtores poidan presentar os seus produtos, facer degustacións e contactar con potenciais clientes.
O evento compleméntase con un programa de actividades paralelas o mercado de exhibición:
- Presentación de proxectos e boas prácticas.
- Mesa de experiencias en economía de proximidade.
- Obradoiros para adultos e nenos.
- Actividades culinarias con profesionais de prestixio.
- Espazo networking para utilización dos produtores.
- Catas e degustacións
Os produtores que participan no mercado de exhibición, pertencen a diferentes grupos cos que a Federación EFA Galicia e Adterra están a traballar nos proxectos e programas que están a desenvolver.
O evento enmarcase nas actuacións do proxecto ANATOLE (Atlantic Network's Abilities for Towns to Organise Local Economy)
Proxecto transnacional desenvolvese no marco do programa europeo INTERREG IVB Espacio Atlántico, inscrito na prioridad 44.1: posta en común de recursos e competencias en materia de desenvolvemento urbano rural sostible.
Participan socios de Francia, España, Portugal e Irlanda
ANATOLE, destaca por ser unha aposta innovadora no marco da nova gobernanza territorial, apoiase nas ciudades atlánticas para desenvolver a economía de proximidade. E, ten como obxectivo principal promover a economía de proximidade implicando ás ciudades como espazos de consumo e promoción de productos locais.