O xoves15 de novembro, tivo lugar na EFA PIÑEIRAL de Arzúa un taller de busca de emprego, dirixido ós alumnos dos ciclos medios de Comercio e Coidados Auxiliares de Enfermaría e ó ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing, que están a rematar a formación en centros de traballo.
Ler máis...
O grupo de traballo de “Persoas que Atenden a Persoas” que desenvolve as súas actividades no marco do programa “MULLERES CON PROXECTO” da Federación EFA Galicia rematou as actividades do OBRADOIRO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS DEPENDENTES.
Na primeira sesión abordouse a problemática da mobilización de persoas. As asistentes recoñeceron que, sendo das tarefas más habituais a realizar con persoas de mobilización reducida, a falta de destreza produce importantes inconvintes tanto no axudante como no axudado. É importante, ademáis ter en conta cómo contar coa axuda dos propios dependentes dentro das súas posibilidades, tendo en conta a dificultade de mobilidade de cada un.Tamén adicouse un tempo importante á realización de cambios posturais, facer unha cama cun enfermo encamado, etc... tarefas básica que tantas veces hai que facer, que tanto agradecen as persoas dependentes e que tan difícil é cando non se teñen coñecementos e tan doado cando se teñen. A segunda sesión adicouse aos coidados de aseo, hixiene e coidados da pel das persoas dependentes. As asistentes destacaron como puntos fortes da sesión a explicación dos fundamentos da hixiene corporal, o “descubrimento” de técnicas e materiais de uso doméstico que facilitan enormemente as tarefas de hixiene, e as prácticas que fixeron de aseo en cama, lavado do cabelo, limpeza de dentes, bocas, ollos e pés. Tamén sinalaron o descubrimento de algúns produtos farmacéuticos moi efectivos a ter en conta na hixiene diaria da persoa con mobilidade reducida. Aplicaron as técnicas de movilización aprendidas na primeira sesión do obradoiro para poder asear as persoas encamadas.
A terceira sesión tratábase de analizar a alimentación equilibrada, desenvolveuse na aula de cociña de PIÑEIRAL e alternouse a explicación teórica coa elaboración de menús variados e sinxelos, baseados nunha alimentación axeitada para as persoas maiores, enfermas ou con problemas nutritivos ou de disfagia, incidindo nas características organolépticas (olor, color, textura, sabor, aspecto, etc.) que teñen que ter os pratos para que sexan apetecibles para estas persoas. Analizáronse expresamente menús para diabéticos, hipertensos e hiperlipémicos (con exceso de colesterol e/ou triglicéridos). Neste apartado, mentras Teresa Rodríguez preparaba ricos alimentos, Mª José Bretal explicounos tamén as diferenzas entre os diferentes tipos de graxas, profundizando de xeito especial no concepto de graxas hidroxenadas. A última sesión versou sobre o apoio psicosocial que debe acompañar sempre a atención a persoas dependentes. Traballouse con diferentes ferramentas sendo as máis valoradas polas participantes as encamiñadas a facilitar o recordo e a recuperación de memoria en maiores, enfermos con demencia senil, e enfermos de Alzheimer. Perante a sesión, que foi dirixida por Dña. Raquel Carregal, elaboráronse carteis e debuxos que facilitan a orientación nas diferentes situacións nas que se poden atopar estas persoas, facilitando a súa autosuficiencia e retrasando no tempo a perda das capacidades cognitivas.Tamén estiveron a aprender diferentes técnicas de risoterapia para favorecer a autoestima das persoas que están en situación de certa dependencia e cambiar o humer das mesmas ante situacións que son difíciles de asumir.
Rematado o obradoiro, a valoración por parte das participantes na actividade foi moi positiva e pediron ao grupo que desenvolveu a actividade a programación de novas actuacións que favorezan a capacitación das persoas que atenden a persoas para o segundo trimestre deste ano.