O proxecto AinfoGra ven de publicar unha nova serie de videotitoriais sobre o uso de AinfoVac. Estos están dispoñibles na canle ainfogra en youtube:
O proxecto AinfoGra ven de publicar unha nova serie de videotitoriais sobre o uso de AinfoVac. Estos están dispoñibles na canle ainfogra en youtube:
AMPLIACIÓN PRAZO
A Federación EFA Galicia participa no programa XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA, impulsado pola Xunta de Galicia, como entidade beneficiaria dunha subvención na que poderán participar 12 persoas mozas maiores de 18 anos, para a realización de estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia.
A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:
a) Potenciar os programas de educación non formal nos que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.
b) Achegar ás persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.
c) Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.
d) Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.
REQUISITOS DAS PERSOAS MOZAS PARTICIPANTES NESTE PROGRAMA
a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no SNGX e figurar como persoas beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
CONDICIÓNS E BENEFICIOS DO PROGRAMA
As persoas participantes percibirán unha bolsa de formación cun importe de 690,67 € mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia do participante.
Ademais recibirán unha formación complementaria, de 40 horas lectivas e apoio e titorización durante a duración das estadías.
As horas formativas nas entidades ou empresas nas que se realizan as estadías terán unha duración de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días semanais.
NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS: 5
EMPRESAS PARA REALIZAR AS ESTADÍAS FORMATIVAS
|
EMPRESA/INSTITUCIÓN |
SECTOR ACTIVIDADE |
LOCALIDADE |
|
GRUPO NOGUEROL |
TECNOLOXÍAS INFORMACIÓN Y COMUNICACIÓN |
MELIDE (A Coruña) |
|
EVD GALICIA - GRECENTE |
CALIDADE DE VIDA E BENESTAR |
CRECENTE (Pontevedra) |
|
CULTURA URBANA |
TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN |
SANTIAGO (A Coruña) |
|
ASOCIACIÓN EFA FONTEBOA |
AGROALIMENTACIÓN |
CORISTANCO (A Coruña) |
|
MAMÁ TERESA |
AGROALIMENTACIÓN |
ARZÚA (A Coruña) |
|
CASA ALONSO |
AGROALIMENTACIÓN |
O PINO (A Coruña) |
|
INCEPTUM |
TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN |
AMES (A Coruña) |
|
COLAXE |
CALIDADE DE VIDA E BENESTAR |
LAXE (A Coruña) |
|
MONTEBRANCO |
CALIDADE DE VIDA E BENESTAR |
LAXE (A Coruña) |
|
NOCES DE MAR |
TECNOLOXÍAS DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN |
MELIDE (A Coruña) |
|
QUEIXERÍA BARRAL |
AGROALIMENTACIÓN |
ARZÚA (A CORUÑA) |
|
SIMERGRUMEROSA |
TEXTIL/MODA |
MELIDE (A Coruña) |
|
ULTREIA |
AGROALIMENTACIÓN |
ARZÚA (A Coruña) |
|
ALAS EDUCACIÓN |
CALIDADE DE VIDA E BENESTAR |
A CORUÑA |
|
CASA NIÑO AGARIMO |
CALIDADE DE VIDA E BENESTAR |
TOQUES (A Coruña) |
|
ESCUELA INFANTIL MUNICIPAL DE PALAS |
CALIDADE DE VIDA E BENESTAR |
PALAS (Lugo) |
FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes das persoas mozas interesadas en participar no programa Xuventude Mentoring na empresa presentaranse telemáticamente na web www.efagalicia.org
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
24 de xuño – 27 de xuño de 2025
CONTACTO:
Correo electrónico: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Teléfonos : 661626127 - 667505664
Para máis información:

Talleres AinfoVac 2011
Continuamos os Talleres de Formación en Software Libre e ERP AinfoVac. As datas previstas para as próximas sesións dos talleres nos distintos grupos son:
O Proxecto "Difusión, promoción e formación no uso de ERP AinfoVac na empresa agrogandeira" ten como obxetivo capacitar aos gandeiros na xestión intregral da súa explotación.

A Federación EFA Galicia acaba de publicar os resultados do seu proxecto
Ainfogra
(Software LIbre e Eido Rural)
Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia
Investigación, desarrollo e innovación no medio rural
Impacto Local
Internacionalización e Medio Rural
Muller Rural
Voluntariado e Cooperación