O alumnado do Ciclo Medio de Comercio participou nun obradoiro para o deseño e realización de escaparates propios da época do Nadal.
O alumnado do Ciclo Medio de Comercio participou nun obradoiro para o deseño e realización de escaparates propios da época do Nadal.
Mary Liste é unha antiga alumna de EFA Piñeiral, centro no que cursou o Ciclo Superior de Xestión Comercial e Márketing e a FPII “Administración e Xestión de Empresas”. Dende hai cinco anos, vive en Londres, lugar ao que viaxou para mellorar a súa formación en idiomas.
O xoves15 de novembro, tivo lugar na EFA PIÑEIRAL de Arzúa un taller de busca de emprego, dirixido ós alumnos dos ciclos medios de Comercio e Coidados Auxiliares de Enfermaría e ó ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing, que están a rematar a formación en centros de traballo.
O grupo de traballo de “Persoas que Atenden a Persoas” que desenvolve as súas actividades no marco do programa “MULLERES CON PROXECTO” da Federación EFA Galicia rematou as actividades do OBRADOIRO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS DEPENDENTES.
Na primeira sesión abordouse a problemática da mobilización de persoas. As asistentes recoñeceron que, sendo das tarefas más habituais a realizar con persoas de mobilización reducida, a falta de destreza produce importantes inconvintes tanto no axudante como no axudado. É importante, ademáis ter en conta cómo contar coa axuda dos propios dependentes dentro das súas posibilidades, tendo en conta a dificultade de mobilidade de cada un.Tamén adicouse un tempo importante á realización de cambios posturais, facer unha cama cun enfermo encamado, etc... tarefas básica que tantas veces hai que facer, que tanto agradecen as persoas dependentes e que tan difícil é cando non se teñen coñecementos e tan doado cando se teñen. A segunda sesión adicouse aos coidados de aseo, hixiene e coidados da pel das persoas dependentes. As asistentes destacaron como puntos fortes da sesión a explicación dos fundamentos da hixiene corporal, o “descubrimento” de técnicas e materiais de uso doméstico que facilitan enormemente as tarefas de hixiene, e as prácticas que fixeron de aseo en cama, lavado do cabelo, limpeza de dentes, bocas, ollos e pés. Tamén sinalaron o descubrimento de algúns produtos farmacéuticos moi efectivos a ter en conta na hixiene diaria da persoa con mobilidade reducida. Aplicaron as técnicas de movilización aprendidas na primeira sesión do obradoiro para poder asear as persoas encamadas.
A terceira sesión tratábase de analizar a alimentación equilibrada, desenvolveuse na aula de cociña de PIÑEIRAL e alternouse a explicación teórica coa elaboración de menús variados e sinxelos, baseados nunha alimentación axeitada para as persoas maiores, enfermas ou con problemas nutritivos ou de disfagia, incidindo nas características organolépticas (olor, color, textura, sabor, aspecto, etc.) que teñen que ter os pratos para que sexan apetecibles para estas persoas. Analizáronse expresamente menús para diabéticos, hipertensos e hiperlipémicos (con exceso de colesterol e/ou triglicéridos). Neste apartado, mentras Teresa Rodríguez preparaba ricos alimentos, Mª José Bretal explicounos tamén as diferenzas entre os diferentes tipos de graxas, profundizando de xeito especial no concepto de graxas hidroxenadas. A última sesión versou sobre o apoio psicosocial que debe acompañar sempre a atención a persoas dependentes. Traballouse con diferentes ferramentas sendo as máis valoradas polas participantes as encamiñadas a facilitar o recordo e a recuperación de memoria en maiores, enfermos con demencia senil, e enfermos de Alzheimer. Perante a sesión, que foi dirixida por Dña. Raquel Carregal, elaboráronse carteis e debuxos que facilitan a orientación nas diferentes situacións nas que se poden atopar estas persoas, facilitando a súa autosuficiencia e retrasando no tempo a perda das capacidades cognitivas.Tamén estiveron a aprender diferentes técnicas de risoterapia para favorecer a autoestima das persoas que están en situación de certa dependencia e cambiar o humer das mesmas ante situacións que son difíciles de asumir.
Rematado o obradoiro, a valoración por parte das participantes na actividade foi moi positiva e pediron ao grupo que desenvolveu a actividade a programación de novas actuacións que favorezan a capacitación das persoas que atenden a persoas para o segundo trimestre deste ano.
O venres, 1 de xuño, tivo lugar o Acto de Clausura do curso 2011-12 no Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral de Arzúa.
O acto foi presidido por D. César Ayude Varela, Presidente da Asociación de familias de Piñeiral e clausurado por D. José Luis García López, alcalde de Arzúa.
O mércores 15 de febreiro, o alumnado de Piñeiral que está a participar no proxecto innovación na Formación Profesional do Sistema Educativo, na modalidade de “Calidade e Excelencia na Formación Profesional do Sistema Educativo” e na línea temática “Mellora de Inserción Laboral do Alumnado da Formación Profesional” estiveron a traballar co equipo técnico de GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) Ulla Tambre Mandeo.
Varios dos grupos cos que se ven traballando dende o ano 2002 no programa MULLERES CON PROXECTO, da Federación EFA Galicia, organizou unha mesa redonda sobre o autoemprego e emprendemento de mulleres no rural.
Coordinaba a actividade ASER (Asociación de Empresarias Rurais) e o alumnado de PIÑEIRAL que está a participar no proxecto de Innovación OPILE.
O proxecto de innovación educativa que está a desenvolver o alumnado do CS Xestión Comercial e Marketing e o CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría, sigue a implementar as diferentes actividades programadas para acadar o obxectivo de mellorar a inserción laboral dos mozos e mozas que están cursando formación profesional no sistema educativo.
Esta semana, fixéronse as conclusións dos traballos realizados sobre a temática do autoemprego nas diferentes comarcas de procedencia do alumnado. Entre os puntos que se aboradaron para elaborar as conclusións destacar:
Do perfil dos emprendedores, destacar que dos mais de cincuenta contactos que estiveron a realizar, a gran maioría deles eran persoas xóvenes e mulleres sobre todo.As motivacións para emprender, unha porcentaxe elavada foi a necesidade ainda que tamén os coñecementos e os recursos cos que contaban. Coa dificultade mais grande coa que se atoparon cando comezaron foi a da financiación, acudiron á familiares e para adaptarse ós cambios e á crise, adícanlle máis horas ó negocio.A nivel persoal, ainda que se atopan con dificultades a experiencia é positiva, melloraron a súa autoestima, concilian mellor a vida familiar e profesional; moitas emprendedoras sobre todo, poideron criar ós fillos e coidar mellor ós maiores.Para o territorio, supuxo en xeral un mellor aproveitamento dos recursos, unha mellora da calidade de vida, asentamento de persoas novas, ...
Tamén destacar á conclusión a que chegaron todos os grupos en relación a importancia que ten o exemplo dos diferentes actores locais nunha zona, o seu papel supón un apoio e un acompañamento para calquera persoa que decida emprender, a súa ilusión pola actividade que desenvolven, o seu coñecemento dos territoriose súa implicación neles fai que sexan un recurso daz zonas onde viven.
En relación o traballo que desenvolven os técnicos de emprego nos territorios dos participantes, chegouse a conclusión que tería que ser un papel máis activo, de coñecemento dos recursos, das necesidades e das potencialidades para así poder orientar dunha maneira máis eficaz ás persoas que queren emprender por unha banda e pola outra as persoas que están buscando emprego.



Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia
Investigación, desarrollo e innovación no medio rural
Impacto Local
Internacionalización e Medio Rural
Muller Rural
Voluntariado e Cooperación
|
FEDERACION EFA GALICIA , entidad beneficiaria del Programa Agentes del Cambio- Kit Consulting. Ayudas de la Unión Europea destinadas a la contratación de servicios de asesoramiento para la transformación digital en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España. Financiado por la Unión Europea- Next Generation EU. |
|
![]() |
![]() |