Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

Educación Secundaria Obligatoria

 

"Apostando pola educación e o éxito escolar na ESO"

 

Educación personalizada baseada na colaboración entre a familia e o equipo docente para a formación integral do alumnado.
  Investigación, desenvolvemento e innovación educativa: Edixgal, Robótica, Drones, investigación, etc.
  Servizo de ampliación horaria
  Servizo de comedor
  Servizo de transporte
  Realización das tarefas no centro con orientación docente.
  Formación no compromiso social: voluntariado e cooperación no ámbito local, nacional e internacional.
 

Xestión do aloxamento.

 

Dende o curso 2007/08 en Fonteboa impártense os catro cursos de secundaria (1º a 4º ESO) segundo a lexislación vixente como centro concertado ca Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Ademais do esforzo para que os alumnos acaden uns satisfactorios resultados académicos correspondentes co currículo previsto para esta etapa, Fonteboa conta cun Proxecto Educativo mais ambicioso que vai mais aló do estrictamente académico. Os anos durante os que se cursa Secundaria son especialmente importantes na formación da personalidade na adolescencia, polo que na EFA préstase a mesma atención aos aspectos académicos e educativos: buscamos axudar ás familias a formar persoas, non só bos estudiantes. O desenvolvemento de habilidades sociais, o coñecemento e participación no entorno e o crecemento persoal son aspectos igualmente coidados no día a día na EFA.

  • Seguemento persoal:
    Dende o primeiro día en Fonteboa, cada alumno dispón dun titor persoal que se preocupa de que a etapa que comeza na escola sexa un tempo de crecemento persoal, axudándolle en aspectos académicos, solucionando as dificultades que poidan xurdir e propoñéndolle obxectivos de mellora sempre tendo en conta a liberdade persoal. Para optimizar a axuda que prestamos aos pais na educación dos seus fillos, asegurámonos de que o titor sempre está dispoñible para o alumno e a familia.
  • Estudio diario:
    Para facilitar o maior aproveitamento académico en Secundaria e Formación Profesional, todos os alumnos contan con dúas horas diarias de estudio na propia aula, supervisados por un profesor. Isto axuda aos alumnos a coller hábito de traballo diario, levar as materias ao dia, organizarse as tarefas e preparar mellor os exámenes e clases de cada día. Así, os alumnos teñen a posibilidade de aproveitar o tempo para facer as tarefas e preparar os exames na escola. Búscase a autonomía e responsabilidade persoal.
    Os tempos de estudo teñen lugar a primeira hora da mañá (de 9.00 a 10.00 h.) e a primeira hora da tarde (14.45-15.45 h.) para poder preparar ben as clases que hai a continuación. Os venres, ao non ter clases pola tarde, só hai estudio pola mañá.
  • Amplio horario:
    Co ánimo de atender ás necesidades das familias e de cumprir os obxectivos de formación integral propostos, en Fonteboa optamos por un amplio horario que inclúe os tempos de estudio necesarios para o aprendizaxe e outras actividades de apoio. Por iso, a actividade lectiva realizáse de 9.00 h. a 18.30 h. Os venres remata ás 15.00 h.
  • Transporte escolar:
    Na actualidade contamos con tres rutas de autobús escolar que facilitan o transporte diario dos alumnos matriculados no centro educativo dende os principais núcleos de poboación da comarca. As rutas e paradas se axustan cada ano en función das necesidades do novo curso.
  • Servicio de Comedor:
    En Fonteboa contamos cun servicio de comedor con persoal de cociña propio e capacidade para mais de 120 persoas que elabora un coidado menú diario para tódolos alumnos da EFA. Ademais, dado o exenso horario da escola, aos alumnos se lles proporciona un bocadillo no descanso que teñen a media mañá e froita pola tarde.
  • Visitas de estudio:
    Unha parte importante do aprendizaxe nesta etapa educativa corresponde a aspectos que non caben nos libros ou nas aulas como é o desenvolvemento de capacidades profesionais. Por iso, ao longo do curso os alumnos realizan un mínimo de tres visitas de estudio ou de obradoiros en empresas para coñecer de primeira man o traballo que se realiza nos diferentes sectores da economía. As visitas van asociadas a diferentes materias de xeito que previamente se prepara na aula, e posteriormente se realiza unhas conclusións en común e cada alumno realiza un informe do visitado ou realizado ese día.

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis información: 

EFA Fonteboa (Coristanco)

981 554 150

This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

www.fonteboa.es

 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text