Resultados da VII CATA DO MEL na EFA Fonteboa
Palabras Claves
- Variables de estudo: cor, aroma (olor, arrecendo), sabor e apetece
- Comarca de Bergantiños, Concello de Coristanco (A Coruña)
- Cata do mel
- Amigas/os das abellas
- Xuntanza de abelleira/os
- Escala de cores PFUND
- Exame visual, olfativo e gustativo das mostras.
- Mostras de direntes abelleiras/os de Coristanco e Bisbarra de Bergantiños.
- Mel de covos, lacenas e colmeas.
XERAL
A cata organoléptica é realizada entre máis de corenta abelleiras/os da Bisbarra de Bergantriños e redores.
VARIABLES DE ESTUDO
- Apetece
- Cor
- Sabor
- Arrecendo (olor, aroma)
- A puntuación é entre 0 – 3
- Número de catadores 13.
- A máxima puntuación alcanzable está entre 0 – 156.
- A puntuación máis alta acadada é de 107
- A puntuación máis baixa é de 35
OUTROS DATOS DE INTERESE
Hai seis tarros con mel cristalizado, por razóns de tempo entran na cata se distinción entre meles cristalizados e líquidos.
A escala de cores para tódalas mostras está entre 18 e 100 PFUND. O que gaña está entre os 84 e 100 PFUND. O segundo e terceiro está ao redor dos 50 PFUND.
Púxose unha mostra repetida. Dita mostra obtén un punto menos que a compañeira.
RESULTADOS
Gañador: Manuel de Vimianzo con 107 puntos e é a mostra nº 26.
Segungo: Daniel e Álex de Muxía con 101 puntos e coa mostra nº 24.
Terceiro: Jaime de Coristanco con 96 puntos e a mostra nº 5.
A media de tódalas mostras é de 71,8 puntos.
Se establecen tres niveis para as mostras:
a) Os gañadores están entre 96 e 107 puntos sobre 156.
b) As mostras que están por riba da media (71,8 puntos), entre > 71,8 e < 96 que son os números 1, 4, 6, 7, 9, 10, 11, 13, 18, 16, 20, 21, 22, 23, 27, 28 e 36
c) As mostras que están por debaixo da media (71,8 puntos), entre > 34 e < 71,8 e son os números ou mostras que faltan.
CONCLUSIÓNS
Os meles cristalizados quedan no grupo que está por debaixo da media, polo que unha vez máis a preferencia é para o mel líquido.
As mostra de mel de covo (permapicultura) obteń unha puntuación por debaixo da media, o mel de lacena (permapicultura) obtén unha puntuación de 91 puntos. A mostra de mel ecolóxica: sen tratamentos e cera elaborada polas abellas está ao redor da puntuación media.
O catadores son fiables por realizar case a mesma puntuación a dúas mostras iguais que non coñecían. Elixen o mel escuro (PFUND) ao redor de 100 para o gañador.