Ciclo Formativo de Grao Superior


Xestión de Vendas e Espazos Comerciais


"Profesionais que se adiantan ó futuro para mellorar o presente "











Información



Familia Comercio e Marketing
Nome ciclo Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Grao Superior
Horas 2000

Módulos:

              
Formación e orientación laboral 107
Inglés 160
Investigación comercial 132
Márketing dixital 187
Políticas de márketing 187
Xestión económica e financeira da empresa 187
Escaparatismo e deseño de espazos comerciais 105
Loxística de almacenamento 123
Loxística de aprovisionamento 105
Organización de equipos de vendas 87
Técnicas de venda e de negociación 105
Xestión de produtos e promocións no punto de venda 105
Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais 26
Formación en centros de traballo 384
   












Requisitos de Acceso


Pódese acceder a este ciclo cando se reúne un dos seguintes requisitos:
- Estar en posesión do título de BACHARELATO (LOE)
- Estar en posesión dun título de Técnico Superior ou Técnico especialista.
- Ter aprobado a proba de acceso a ciclos superiores.
- Ter superado COU (Curso de Orientación Universitaria)














Saídas Profesionais

Os ámbitos onde se traballará serán:
 -En establecementos comerciais, áreas comerciais, distribuidoras e no comercio polo miúdo, realizando actividades de organización, de xestión e comercialización, de márketing, de atención ao cliente-usuario e de deseño e implantación de espazos comerciais.
 -En empresas de calquera sector produtivo - Industria, comercio e agricultura- na área de comercialización e márketing.
 -En entidades financeiras e de seguros, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing
 -En empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras.
 -En empresas de loxística e transporte.
 -En axencias comerciais e asesoras comerciais e xurídicas.
 -En asociacións, cooperativas, institucións.

Nestes ámbitos, as ocupacións ou postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
 -Coordinador/a de representantes
 -Supervisor/ora de telemárketing
 -Merchandiser
 -Administrador/ora de contidos en liña
 -Xefe/a de vendas. Encargado/a de tenda. Encargado/a de sección.
 -Escaparatista comercial.
 -Deseñador/ora de espazos comerciais. Técnico de novas instalacións.
 -Especialista en implantación de espazos comerciais.
 -Técnico de márketing. Responsable de promocións no punto de venda.
 -Encargado/a de almacén.
 -Axudante do xefe de produto.
 -Técnico de compras.
 -Técnico de vendas.
 -Axudante do xefe de loxística.
 -Técnico en traballos de campo de investigación comercial.

TITULACIÓN
A titulación que se obtén é Técnico Superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais..










Empresas


Empresas colaboradoras no proxecto MEDEA (Metodoloxía Dual Empresa-Aula) e na FCT (Formación en centros de traballo)


GADISA – Betanzos
Ediciones BOLANDA - Santiago
FEARMAGA – Santiago
Leroy Melín – Santiago
Entremetidos – A Coruña
Cosméticos Anfer - Bergondo
JIM SPORT – Melide
Coop. Coba de Vales – Curtis
Coop. A ARZUANA – Arzúa
Carrefour As Cancelas – Santiago
Casa Grande de Xanceda - Mesía
Hotel Puerta del Camino - Santiago
Albergue ULTREIA- Arzúa
Seguros MAPFRE - Arzúa
Seguros MAPFRE – O Pino
Seguros MAPFRE – Melide
Asesoría FERRERO – Arzúa 
Xestoría López Brey - Ordes
Xestoría NOGALLAS – Ordes
HIPERCAMPO LABREGO–  Arca
Comercial LAMAS – Arzúa
Coop. MELISANTO – Melide
Cooperativa Central de Frades
RIBEIRAO - Melide
Librería AVIR – A Coruña
Instalaciones Liñares - Ordes
Guarnicionería Hnos GÓMEZ -     Arzúa
Seguros BILBAO - Santiago
KIFORT – Milladoiro
Maderas COMPOSTELA - Ames
J. ESTURAO - Touro
Asesoría ALLIANZ - Melide
Cooperativa FEIRACO – Negreira
Concesionario GONZACAR - Santiago 










Proxecto Medea: Metodoloxía Dual Empresa-Aula

MEDEA é un proxecto de innovación pedagóxica inspirado na formación dual e na metodoloxía da alternancia. Ten como obxectivos a inserción laboral e a integración social do alumnado, o fomento do emprendedurismo, e conseguir que a Formación Profesional responda ás demandas empresariais.
MEDEA achega a formación ás empresas e as empresas á formación. Como resultado, a formación do alumnado completase de xeito que cada un/unha:
Define cal é o seu proxecto profesional e traballa aqueles aspectos que precisa para conseguilo.
Acada a madurez necesaria para desenvolverse coa responsabilidade,  profesionalidade, autonomía e iniciativa propias do entorno laboral.
Coñece o seu entorno de xeito real e o maior número posible de empresas, empresarios e profesionais do sector ó que quere incorporarse.
Para lograr isto, é preciso educar na vida profesional e para a vida profesional,  dende o Centro Educativo pero coa colaboración solidaria e imprescindible do entorno, relacionando as aportacións de ambos para unha comprensión significativa da realidade profesional á que se quere incorporar o alumnado. Deste xeito, o entorno socio–económico  e socio–empresarial  deixan de ser unha circunstancia para converterse nun completo e valiosísimo recurso educativo.
Piñeiral conta coa colaboración de máis de 200 persoas (empresaios/as, profesionais, titores/titoras en empresa…) participando na formación do alumnado cada curso. 












Residencia / Comedor

Piñeiral ofrece ás súas residentes un programa encamiñado a:
Mellorar a formación académica: O sistema de estudo dirixido facilita aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.
Mellorar as competencias e habilidades profesionais: a autonomía, as tarefas en equipo, a participación activa, a axuda mutua, a organización e xestión responsable do tempo, son hoxe un requisito en calquera empresa.
Mellorar as habilidades sociais: a comunicación e a convivencia con outras persoas, de distintos sitios, con carácteres distintos, pero nun ambiente de familia e en pequeno grupo, leva á madurez, ó respecto e á tolerancia.
O proceso comeza co apoio de todo un equipo de profesionais desde o primeiro día dese estreo de amizades, lugar de residencia e centro educativo, e vaise fortalecendo coa participación e implicación progresiva das residentes.














Idiomas

O dominio de idiomas é unha fortaleza que mellora as posibilidades de acceso ó mundo laboral e tamén as de promoción dos profesionais.
Dende este curso 13/14, Piñeiral  é centro preparador dos exames oficiais de Cambridge para o inglés, e de Goethe Institut para o alemán.
Tamén aproveitaron esta oportunidade o antigo alumnado e unha variada representación de profesionais do entorno  do centro.
Outra actividade derivada da aprendizaxe de linguas é a realización de viaxes de inmersión lingüística e, no curso 13-14, estivemos en Irlanda.














Estudo Dirixido

En Piñeiral, ofrecemos a posibilidade a todo o alumnado de participar no estudo dirixido que, orientado  por un profesional deste centro,  ten lugar de luns a xoves de 17,00 a 18,30.
A finalidade desta actividade é a de aprender, aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.














Bolsa de Traballo

Desde este servizo, canalízanse as solicitudes de emprego que se reciben por parte das empresas.
A bolsa de traballo de Piñeiral conta con máis de 30 anos de experiencia e está dirixida ó antigo alumnado que nos informa sobre os seus desexos de cambiar de actividade ou de empresa, de atopar un posto máis preto o con outras condicións, ou que aínda non traballa por ter rematado hai pouco os seus estudos.







Acción Social e de Voluntariado

En Piñeiral, ó longo do curso, realízanse actividades coas que se pretende que toda a comunidade educativa estea máis sensibilizada fronte ós problemas e ás necesidades sociais.
Algunhas destas actividades son:
Campañas de recollida de alimentos, roupa, xoguetes, cartos…
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...

Campañas de sensibilización
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...





























Contacto

EFA Piñeiral


Sta. María, s/n. 15810. Arzúa. A Coruña.

 

Tlf: 981500580 | Fax: 981500684.


pineiral@efagalicia.org

www.pineiral.es