Faros Nerios

Los Faros Nerios son otorgados anualmente  por la Asociación Neria a personas e instituciones que destacan por su compromiso en pro del desarrollo de la Costa da Morte. En el caso de la EFA se reconoce su trayectoria de formación orientada a la inserción de jóvenes en el medio rural como una apuesta decidida por el desarrollo local. Se da la circunstancia de que otro de los galardonados ha sido el actual presidente de la Asociación EFA Fonteboa, Xusto Sánchez, por su empresa láctea “Finca A Devesa”.

La entrega de los Faros Nerios tuvo lugar el pasado viernes 18 de mayo en el Centro Cívico de Malpica. Por parte de Fonteboa lo ha recogido el director de la EFA. Asistieron también algunos monitores y varias personas del Comité Gestor.


Intervención del Director del Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Luís García, en la entrega del premio:

Concesión do Faro Nerio 2012

É un motivo de satisfacción persoal  e institucional a recepción do galardón Faro Nerio no presente ano, a unha institución, a EFA Fonteboa, que ten como faro da súa actividade a promoción do medio rural a través da formación das persoas, en definitiva a promoción do territorio incidindo no activo mais valioso do mesmo: as persoas, que debidamente capacitadas e cun arraigado sentemento de pertenencia incidirán activamente na mellora económica e social do medio no que viven.

Os obxectivos da institución que represento coindicen esencialmente cos de Neria: poñer en valor os recursos das comarcas da Costa da Morte para suscitar desenvolvemento. Nería, nos seus vinte anos de traxectoria, ten desenvolvido importantes tarefas de promoción da zona, ten catalizado iniciativas de interesante calado para a sostebilidade da Costa da Morte e tamén deseñado plans estratéxicos e liderado reivindicacións importantes para o devenir destas comarcas. A existencia dunha institución aglutinadora en pro do desenvolvemento é hoxe tal vez mais necesaria que nunca para definir as liñas de traballo que axuden tanto as Administracións como a sociedade civil a determinar as prioridades dos investimentos para ser o mais eficientes que poidamos.

O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa ofrece as comarcas do seu entorno un singular proxecto de formación que ten a súa orixe nas Maisons Familiales Rurales. En Coristanco a EFA Fonteboa inicia a súa actividade en 1975, pero as MFR xa tiñan unha longa traxectoria desde 1937, en Aquitania. A súa orixe é sinxela: durante unha conversa familiar, un adolescente manifesta ao seu pai que quere ser agricultor, coma el, pero que non quere ir á escola. O pai, responsable local do sindicato agrario, era consciente de que para ser agricultor resultaba ineludible saber cada vez máis; pero á vez dábase conta que a continuidade dos estudos provocaba nos mozos desarraigo territorial e, en bastantes casos, o abandono do campo.Comentado con outras persoas todos coincidían en que os coñecementos prácticos podían aprenderse traballando na explotación familiar; e estaban dacordo en que un complemento de formación técnica e xeral era indispensable para permitir aos futuros xefes de explotación adaptarse á evolución tecnolóxica. Xurdía asi unha característica que define a metodoloxía educativa das EFA: A Alternancia Educativa.

Dous anos mais tarde, en 1.937, un grupo de pais responsabilízanse colectivamente do Centro de Formación; e, como fora adquirido polas propias familias, chamóuselle “Maison Familiale”, que ven a plasmar o segundo principio: O protagonismo educativo da familia.

O terceiro pilar do proxecto educativo dunha EFA é o pequeno grupo e a atención personallizada, que deriva de maneira natural dos dous primeiros.En España as EFA xurden nos anos 60 para dar resposta as necesidades dun medio rural que demandaba formación agraria. Ao igual que en Francia os primeiros anos os seus obxectivos priorizaron a formación tecnolóxica agraria. Anos mais tarde,  a formación, sen esquecer o agrario, foi adoptando un unha orientación cara ao emprendemento  a partir dos recursos locais, pois o rural tamén e un campo para a innovación.

Ao igual que as MFR, as EFA en España, desde principios dos noventa adoptan a denominación de Centro de Promoción Rural – EFA, pola súa apertura a todo o campo de posibilidades que ofrece o rural, ademais do agrario, quedando a denominación EFA como un modelo educativo, como una marca de identidade que marca as liñas de traballo dun equipo docente que orienta a súa labor educativa cara a mellora integral da persoa e ao desenvolvemento do territorio.Iniciaron a súa andaina na provincia de A Coruña en 1972, gracias a un acordo entre CIFASA (entidade promotora das EFA en España) e a Deputación Provincial de A Coruña, póñense en marcha as EFAS Piñeiral, en Arzúa, e Fontambre, en Vilasantar (hoxe desaparecida).

Anos mais tarde, en 1975, o acordo entre CIFASA e a Deputación esténdese a Coristanco e constitúese a EFA Fonteboa, ao inicio ocupando tres andares dun edificio no lugar de San Roque e a partir de 1981 na sede actual de Feira Nova.  

Falaba ao principio de que a labor de formación da EFA Fonteboa non se esgota no Centro Educativo (alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional), senón que pola singularidade do Proxecto Educativo propiciase a participación do entorno socioeconómico no Centro e acométense accións formativas orientadas á mellora das competencias dos profesionais do entorno en diversos programas de formación continua.

Por último quero destacar que os resultados do ambicioso proxecto que supón unha EFA para un territorio é un traballo de equipo, de profesionais que desenvolven a súa tarefa con competencia profesional e entusiasmo.

Por outra parte os resultados serían exiguos sin a implicación das familias, pois pretendemos unha eduación integral dos mozos, futuros actores locais de desenvolvemento, e esta non se acadaría sen unha implicación efectiva das familias.

Os profesionais que colaboran e confian na formación que impatimos teñen tamén un importante papel, pois sen eles non sería posible aplicar a metodoloxía da alternancia que é unha das señas da nosa identidade.

E por último, un aspecto ineludible para a nosa proposta de formación – desenvolvemento é a colaboración das institucions: local, provincial e autonómica, pois da colaboración entre as institución xurden as sinerxias que contribuyen ao progreso e mellora dos territorios.

Mais nada, agradecer a Neria a concesión do Faro Nerio e a todos os presentes que nos acompañan neste acto tan significativo que nos anima e da seguridade para seguir empeñandonos na promoción do medio rural a través da formación das persoas.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn