No curso 2015-16, comezan dous novos ciclos no Centro de Formación Profesional Piñeiral:
Ambos ciclos, da familia de Comercio e márketing, caracterízanse porque as posibilidades de atopar traballo non se limitan a un sector específico e reducido nin a unha actividade exclusiva; polo contrario, capacitan para traballar en calquera empresa de calquera sector que comercialice produtos e/ou servizos. Pero ademais, en Piñeiral, a taxa de emprego aumenta ata o 90% polo sistema pedagóxico propio do Centro, baseado na metodoloxía DUAL. O contacto con 7 empresas durante os dous anos do ciclo convértese en:
Ademáis, o curriculo dos novos ciclos está adaptado ás necesidades actuais das empresas capacitando ao alumnado para desempeñar tarefas de deseño, mantemento e posicionamento de contidos na web 2.0, aspectos moi valorados e demandados en calquera grande, mediana e pequena empresa.
Presentación: mércores, 16 de setembro ás 11,00 h.
Libros de texto e material para a familia de Comercio e márketing:
Ciclo medio de Actividades Comerciais
NOTA: A edición ten que ser a última en todos os libros. En Inglés, non hai libro senón apuntes. Para as prácticas no Centro Comercial precísase Pantalón negro, chaqueta negra + camiseta blanco o negra.
Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais
NOTA: A edición ten que ser a última en todos os libros. En Inglés mais en Políticas de márketing non hai libro de texto senón apuntes.
Piñeiral está a organizar un curso intensivo de inglés para aquelas persoas que desexen preparar o exame B1. O curso vai durar todo o mes de xullo, de luns a venres en horario de 10,00 a 13,00 h.
Como xa ven sendo tradición dende hai moitos anos, Piñeiral agasallou ao alumnado que remataba estudos cun vídeo que recollía momentos especiais do curso.
O venres 6 de xuño, na Casa da Cultura de Arzúa, tivo lugar o Acto de Clausura do curso 2014-15 do Centro de Formación Profesional PIÑEIRAL coa presenza de D. José Luis García López, alcalde de Arzúa.
O alumnado do Ciclo Medio de Comercio do Centro de Formación Profesional Piñeiral participou nunha actividade de Escaparatismo desenvolvida ao longo de todo o curso escolar e que complementa a súa formación técnica específica.
Alumnado dos ciclos da familia de Comercio e Marketing do Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral cambiaron, durante oito días, as aulas en Arzúa por unha intensa estadía en terras irlandesas.
Encuentra toda nuestra oferta formativa en Galicia
Investigación, desarrollo e innovación en el medio rural
Proxectos de Impacto Local
Internacionalización y Medio Rural
Proyectos relacionados con la Mujer Rural
Voluntariado y Cooperación