Asesoramento persoalizado ás mulleres do proxecto PIMUS.
Dende o mes de marzo estáse a facer un asesoramento e seguimento persoalizado ás participantes do PIMUS nas tres zonas de actuación, coa finalidade de darlles apoio e axuda nos seus itinerarios de inserción. Deste xeito, as destinatarias reciben, segundo as súas necesidades, a información e orientación que precisan: de cara a creación dunha empresa (financiación, trámites, normativa vixente, axudas,...), para a xestión de prácticas, tramitación de documentos, etc.